Pablo Insua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pablo Insua
Pabloinsua.JPG
Insua co Deportivo en 2014
Información persoal
Nome completo Pablo Insua Blanco
Nacemento 9 de setembro de 1993 (26 anos)
  Arzúa
Nacionalidade España
Altura 1,83 m.
Posición Central
Información de club
Club actual Schalke 04
Número 3
Carreira xuvenil
2008–2010 Deportivo da Coruña
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2010–2012 Deportivo B 60 (0)
2012–2017 Deportivo da Coruña 59 (3)
2015–2017Leganés (cedido) 64 (2)
2017– Schalke 04 1 (0)
Selección nacional
2012 España sub-19 5 (0)
2012–2013 España sub-20 4 (0)

* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 17 de marzo de 2018.
† Aparicións (Goles)

editar datos en Wikidata ]

Pablo Insua Blanco, nado en Arzúa o 9 de setembro de 1993, é un futbolista galego. Xoga de central e o seu equipo actual é o FC Schalke 04.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Debutou na tempada 2010–11 co Deportivo B en Segunda División B en idade aínda xuvenil, descendendo ao final da campaña á Terceira División.

Na tempada 2012–13 debutou co primeiro equipo en partido oficial, contra o Athletic de Bilbao en San Mames (1–1), e debutou como titular a semana seguinte, no choque de Copa contra o RCD Mallorca, no que o Dépor empatou (0–0) e quedou eliminado.

O 25 de marzo de 2014 renovou co club coruñés até 2018.[1]

O 27 de outubro de 2014 consegue o galardón a "Mellor Defensa da Liga Adelante 2013-2014" na Gala dos Premios LFP 2014 superando na votación a Yuri Berchiche (SD Eibar) e a Jean-Sylvain Babin (AD Alcorcón).[2]

O 15 de agosto de 2015 anunciouse a súa cesión, por unha tempada, no CD Leganés, de Segunda División.[3]

O 29 de xuño de 2017 o Deportivo anunciou o seu traspaso ao FC Schalke 04 alemán, nunha operación próxima aos 3.500.000 euros.[4][5]

Selección nacional[editar | editar a fonte]

O 6 de outubro de 2013 foi convocado por Julen Lopetegui para xogar dous partidos coa selección española sub-21, contra Bosnia e Hercegovina e Hungría.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]