Saltar ao contido

Campo Municipal de Fútbol Jesús García Calvo

Campo Municipal de Fútbol Jesús García Calvo
Negreira Editar o valor en Wikidata
Imaxe
SD Negreira - Real Sociedad, Copa do Rei 2025-26
 Instancia de
 Epónimo
 Deporte
Implicados
 Ocupante
Localización
 Situado en
 Coordenadas
Wikidata

O Campo Municipal de Fútbol Jesús García Calvo é unha instalación dedicada á práctica do fútbol situada na vila de Negreira. Nel xoga os seus partidos como local a Sociedad Deportiva Negreira e o seu propietario é o Concello de Negreira.

Conta cun terreo de xogo de herba natural de 106 × 65 metros e bancadas cubertas[1], a súa capacidade total é de 2.000 persoas[2]. Leva o nome de Jesús García Calvo en homenaxe ao fundador e expresidente da cooperativa leiteira Feiraco, con sede no Concello.

  1. "Concello de Negreira - Ayuntamiento". www.concellodenegreira.es. Consultado o 2016-04-11.
  2. "Campo de Fútbol Municipal Jesús García Calvo - Negreira". www.paxinasgalegas.es. Consultado o 2016-04-11.