Vila-real

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vila-real
Flag of Catalonia.svg Escudo de Vila-Real.svg
Basílica de Sant Pasqual. Igrexa arciprestal de Sant Jaume.
Ponte de Santa Quiteria. Plaça de la Vila.
El Madrigal. Ermida da Verge de Gràcia.
Río Millars. Torre Motxa.
Situación xeográfica
Vila-real en España
Vila-real
Vila-real
Vila-real en Provincia de Castelló
Vila-real
Vila-real
País España
Comunidade autónoma País Valenciano
Provincia Castelló
Comarca Plana Baixa
Xeografía
Altitude 42 msnm
Superficie 55,1 km²
Poboación
Poboación 51.357 hab. (2011)
Densidade 928,52 hab./km²
Xentilicio Vilarrealenco/ca
Información
Código postal 12540
Alcalde Juan José Rubert Nebot (PP)
Páxina web Ajuntament de Vila-real

Vila-real é unha cidade e concello da provincia de Castelló, na Comunidade Valenciana, na comarca da Plana Baixa. O censo de 2011 asignáballe 51.357 habitantes. É a decimocuarta poboación valenciana por número de habitantes e a terceira ao norte da Área Metropolitana de Valencia, só superada por Castelló e Sagunt.

Durante a primeira metade do século XX adicouse ó cultivo da laranxa. Na actualidade, posúe unha importante industria de azulexos. É tamén coñecida internacionalmente polo Villarreal Club de Fútbol.

Toponimia[editar | editar a fonte]

Representante de Vila-real nos tapices do Palau da Generalitat Valenciana.

A denominación tradicional desta cidade é Vila-real en valenciano/catalán e Villarreal en castelán. Dende a súa fundación (1274) a verba máis utilizada na documentación era a forma latina "Villae Regalis" ou a valenciana, como se aprecia no lenzo da Sala Nova do Palau de la Generalitat Valenciana (1592), onde o topónimo que acompaña o representante local diante o Reino di "Vilareal", alternando dende a castelanización iniciada no século XVI coa forma "Villarreal" como se pode comprobar na abundante documentación conservada no Arquivo Histérico da cidade e noutras. A partir da segunda metade do século XVIII emprégase de xeito oficial a forma castelá, mentres que a forma valenciana mantense intacta popularmente, pronunciada “Vilarrel”, segundo afirma Sanchis Guarner.

No 1938, despois da Guerra Civil a Corporación Municipal acordou la forma pseudoerudita de Villarreal de los Infantes[1], para distinguila doutros topónimos homónimos como Villarreal de Urrechua ou Villarreal de Huerva. Despois da oficialización bilingüe do topónimo no 1983 durante o goberno da UCD, boa parte da poboación recuperou a forma Vila-real, tanto na forma oral coma, sobre todo, na escrita. En febreiro de 2006, o Concello opta de xeito unánime pola forma oficial exclusivamente en valenciano (Vila-real, BOE do 30 de xaneiro de 2007).

Xeografía[editar | editar a fonte]

Situada a 8 km ao sur da capital da provincia. Ten unha elevación de 42 m sobre o nivel do mar, 49.045 habitantes (INE 2007), a grande maioría no núcleo urbano, que ocupa un 10,72% dos 55,4 km² do seu termo municipal. Por cantidade de habitantes, é a segunda poboación da provincia (logo da capital), e a decimocuarta do País Valenciano.

Ocupa unha boa parte da beira dereita da cunca baixa do río Millars, isto é, a parte máis característica da plana, rampla da chaira, entre os últimos outeiros de Onda e Betxí e as terras máis baixas do litoral holocénico de Borriana.

O termo é un plano inclinado cara a levante e as augas son drenadas cara ao mar directamente en sentido NON-SW polo río Millars e os cantís do Hospital, de Ratils e do Espaser; polo sector meridional pasa o río de Sonella, procedente das montañas de Onda e Artana.

O clima caracterízase por medias invernais elevadas (10 °C en xaneiro) e veráns templados. As choivas non exceden xeralmente os 400 mm anuais. A vexetación é a propia do dominio Querco-Lentiscetum (màquia de carrasca e margalló), con restos de piñeiras practicamente desaparecidas.

Accédese a esta poboación, dende Castelló de la Plana, a través da N-340.

Núcleos[editar | editar a fonte]

O termo municipal de Vila-real está formado polas seguintes zonas rurais:

  • Carinyena.
  • Pinella.
  • Solades.
  • Madrigal.
  • Pla Redó.

Localidades limítrofes[editar | editar a fonte]

Vila-real limita coas localidades de Almassora, Onda, Betxí, Nules, Les Alqueries e Borriana, todas elas da provincia de Castelló.

Demografía[editar | editar a fonte]

Vila-real conta con 50.626 habitantes (INE 2008).

Nos últimos años creceu demográficamente en parte debido á inmigración; un 12,90% da súa poboación era inmigrante segundo o censo de 2007.

Evolución demográfica de Vila-real
1857 1887 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991¹ 1996 2001 2006 2007
10.208 13.750 16.068 17.554 16.770 18.982 20.025 20.703 24.516 33.218 38.385 37.660 39.550 42.442 48.055 49.045

1 Entre o censo de 1991 e o anterior, mingua a poboación porque se independizan Les Alqueries (3.625 hab. en 1991).

Economía[editar | editar a fonte]

Dende a súa fundación até a primeira metade do século XX, o municipio baseou todo o seu potencial económico nunha agricultura mixta de secan extensivo e de horta intensiva. A laranxeira transformou, directa e indirectamente, os alicerces da idiosincrasia da cidade. En función do seu interese, entre 1880-1960 convertéronse 3.500 Ha. de secan a regadío, desenvolveuse unha incipiente e apreciable industria de transformación de críticos. Con todo, a política de fomento da vivenda e do turismo que caracterizan os anos 60 do pasado século determinou que se optase por investir nunha industria tradicional da comarca: a azulexeira. De aí, que a industria do azulexo e revestimento cerámico sexa o principal motor económico da cidade na actualidade.

Os pavimentos e revestimentos foron conformando un ciclo produtivo, pechado e integrado na cidade, que a converteu no centro azulexeiro máis importante de España e nun dos punteiros de Europa. Hoxe a vida económica da cidade, sen dúbida, aínda que non dun xeito exclusivo, móvese a partir do motor da cerámica que impulsa ao resto de sectores produtivos e institucionais. Esta especialización azulexeira, reflectida no feito de que a poboación activa do sector secundario sexa a maioritaria, non foi inconveniente para que o propio sector cerámico e outros continúen apostando por investimentos e modernizacións en citricultura.

Deportes[editar | editar a fonte]

O Villarreal Club de Fútbol é o principal club deportivo da cidade con 42 equipos en competicións oficiais. O primeiro equipo é, nas últimas décadas, un habitual da Primeira División, categoría na que se proclamou subcampión en 2008. Tamén participou en varias edicións das competicións continentais, chegando mesmo ata as semifinais da Liga de Campións. O equipo xoga os seus partidos como local no estadio El Madrigal.

O trinquet municipal leva o nome de Trinquet Salvador Sagols en homenaxe ao pilotari Salvador Sagols Gavarri. Outro destacado xogador de pelota valenciana foi Mezquita (José Jorge Mezquita García).

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Vila-real