Aston Villa F.C.

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Aston Villa")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Aston Villa
2009 Aston Villa.jpg
NomeAston Villa
Football Club
Alcume(s)Villains
Fundación21 de novembro de 1874
EstadioVilla Park, Birmingham
Inglaterra Inglaterra
Inauguración1897
Capacidade42.682
PresidenteFlag of the People's Republic of China.svg Tony Xia
AdestradorInglaterra Steve Bruce
LigaChampionship
2015–1620.º (Premier League)
VestimentaMacron
PatrocinadorQuick Books
Páxina webPáxina web
Na casa
Fóra

O Aston Villa Football Club é un club de fútbol de Inglaterra, da cidade de Birmingham en West Midlands. Foi fundado en marzo de 1874 e xoga na Football League Championship. O Aston Villa foi membro fundador da Football League en 1888 e da Premier League en 1992. É un dos equipos ingleses máis antigos e laureados, conquistando o campionato de liga sete veces, as mesmas veces que a FA Cup. O Aston Villa tamén gañou a Copa de Europa na tempada 1981-82, sendo así un dos catro clubs ingleses que gañaron o que é hoxe a Liga de Campións da UEFA. O Villa ten o cuarto maior total de grandes títulos gañados por un club do seu país.

Posúe unha longa e feroz rivalidade con seus rivais da mesma cidade, o Birmingham City, e co West Bromwich Albion da localidade veciña de West Bromwich. O partido coñecido como o Birmingham Derby, entre o Villa e o Birmingham, lévase xogando dende 1879. O uniforme tradicional do club reúne na camisa as cores viño e azul celeste, dicindo a lenda que as cores foron inspiradas en dous clubs escoceses, respectivamente no Heart of Midlothian e no Rangers. Esta combinación, xunto cos pantalóns e medias brancas, inspirou outros equipos ingleses, como o West Ham United e o Burnley. Estas cores tamén aparecen no emblema do club, que tamén consta dun león dourado, outra suposta influencia escocesa derivada do estandarte real escocés. A última versión do escudo do club, adoptada en 2007, inclúe o lema "Prepared" (do inglés: preparados).

Historia[editar | editar a fonte]

Fundación[editar | editar a fonte]

O Aston Villa en 1899.

O Aston Villa comezou a gañar forma en 1874, cando catro amigos, Jack Hughes, Frederick Matthews, Walter Price e Willian Scattergood, decidiron fundar o Villa Cross Wesleyan Chapel, un equipo de críquet, deporte moi popular en Inglaterra. Así, o primeiro xogo do equipo ocorreu nese mesmo ano, mais cunha regras inusitadas: o primeiro tempo foi xogado como partido de rugby e o segundo de fútbol, aínda así o Villa venceu por 1 a 0, con gol do propio Hughes. Na temporada 1886-87 o club conquistou o seu primeiro título, e confirmouse como un dos mellores do país con tan só trece anos de existencia. O triunfo veu tras a vitoria por 2 a 0 contra o West Bromwich Albion na final da Copa de Inglaterra.

En 1888, o equipo estaba entre os doce equipos que fundaron a Football League, gañando o seu primeiro título do campionato na tempada 1893-94. O ano seguinte foi aínda máis glorioso, xa que o club volveu vencer na competición nacional, ademais de acadar por segunda vez na súa a Copa de Inglaterra, facendo así o seu primeiro "dobrete" e asinando a súa hexemonía no fútbol inglés. O dominio continuou e, na tempada 1896-97, o Aston Villa conquistou unha vez máis os dous torneos máis importantes do país, acadando catro títulos en tres anos. Un ano máis tarde, o equipo trocou de estadio, mudándose caro o Aston Lower Grounds, chamado polos seareiros Villa Park. O ano seguinte, en 1898-99, gañou o seu cuarto campionato despois de vencer os rivais do Liverpool por 5 a 0 na última rolda.

Primeira metade do século XX[editar | editar a fonte]

O club comezou o século XX como terminou o anterior: vencendo. Pronto conquistou un campionato nacional máis, o seu quinto na historia e en 1904-05, acadou por cuarta vez a Copa de Inglaterra ao derrotar o Newcastle por 2 a 0. En 1909-10, o Aston Villa volveu a conquistar o campionato inglés, tras dez anos de xaxún mais con bos resultados, terminando as competicións anteriores sempre entre os mellores do país. Tres anos despois, o equipo gañou súa quinta Copa de Inglaterra, derrotando ó Sunderland por 1 a 0 na final. Este título trouxo novas esperanzas aos seareiros do club, mais coa Primeira Guerra Mundial o fútbol foi suspendido, non retornado as competicións oficiais até 1919, aínda que xa nesta temporada o equipo volveu a gañar a Copa de Inglaterra, batendo o Huddersfield Town por 1 a 0.

Nos anos 1930 o Villa non repetiu os bos resultados doutras décadas, e un dos equipos máis vitoriosos do país e do mundo acabou descendendo de categoría na tempada 1935-36, volvendo á elite do fútbol inglés en 1938. Coa Segunda Guerra Mundial, o fútbol foi suspendido de novo, non sendo practicado de novo en Inglaterra até 1946, sendo moitas carreiras futbolísticas truncadas polo transcurso dos conflitos. Nese tempo o Aston Villa non volveu a presentar bos resultados, facendo campañas mediocres nas décadas seguintes, mais descubrindo bos xogadores, como Danny Blanchflower, Tommy Thomson ou Peter McParland, que foi o heroe da sétima conquista da Copa de Inglaterra en 1956-57, marcando os dous goles da vitoria do equipo contra o Manchester United. Porén, esta vitoria non foi suficiente para que o club volvese a brillar no país e reconquistase a súa hexemonía de décadas anteriores, terminando as temporadas seguintes moi próximos ao descenso. Así, a caída de división non tardou e, en 1958-59, o equipo baixou á Segunda División por segunda vez, retornando á elite ao ano seguinte.

Rexurdimento[editar | editar a fonte]

O Aston Villa en 2008.

En 1966-67, baixo o mandato do adestrador Dick Taylor, o equipo descende de novo e con problemas financeiros, o club trocou de presidente e de técnico. A crise instalouse no equipo e, a temporada 1969-70, veu o descenso cara a Terceira División. Con todo, tan só dous anos máis tarde volveu á segunda, e en 1976-77, baixo o comando de Ron Saunders, retornou á primeira división nacional. O período negro do equipo na década de 1970 serviu de lección e o Aston Villa fixo dos anos 1980 os máis gloriosos da súa historia. Na temporada 1980-81, os Leóns, como a afección chama o equipo, tras 71 anos, conquistaron pola sétima vez a liga inglesa, clasificáronse para disputar o principal torneo europeo: a Liga de Campións da UEFA.

Por mor do seu debut nesta competición, o club comezou mal a liga inglesa, e o adestrador Ron Saunders foi finalmente destituído, asumindo o cargo no seu lugar asumiu Tony Barton, que levou o equipo á final do torneo tras vencer equipos como o Dínamo Kiev ou o Anderlecht. Xa na final en Rotterdam, Peter Withe anotou o único gol do partido contra o favorito Bayern de Múnic, convertendo ao Villa en Campións de Eurapa, sendo outra peza fundamental para a consecución do título o porteiro Nigel Spink, que substituíu o titular Jimmy Rimmer faltando dez minutos para acabar o enfrontamento aguantando o resultado. Un ano despois, o equipo tamén conseguiu o título da Supercopa de Europa derrotando ao equipo cataláns F.C. Barcelona, perdendo 1-0 no Camp Nou e gañando 3-0 en Villa Park. Tamén xogou a Copa Intercontinental no ano 1982 fronte ao Peñarol de Uruguai, gañando os uruguaios por 2 a 0.

Os anos seguintes a consecución de títulos non proseguiu, culminando nun descenso no ano 1986-87, mais esta mala fase non durou moito e o equipo retornou á primeira división dous anos máis tarde, en 1989. En 1992, o Aston Villa foi un dos membros fundadores da Premier League e terminou a temporada inaugural da competición na segunda posición, só detrás do Manchester United. Nas temporadas seguintes, o club alternou seus resultados e a dirección técnica, terminando en posicións medianas na táboa, mais estabilizándose nesta categoría. En 2006, tras 23 anos como presidente e como maior accionista do equipo, o inglés Doug Ellis, decidiu vender súa parte ao magnate americano Randy Lerner, propietario do Cleveland Browns, equipo de fútbol americano, que trouxo novos xogadores, patrocinadores e, principalmente, esperanzas para os seareiros.

Estadio[editar | editar a fonte]

Fachada de Trinity Road.
Artigo principal: Villa Park.

O actual lugar onde o Aston Villa xoga os seus partidos na casa é Villa Park, un estadio clasificado como de catro estrelas pola UEFA, despois de xogar previamente no Aston Park (1874-1876) e no Perry Barr (1876-1897). Villa Park é o estadio de fútbol máis grande de fútbol dos Midlands ingleses e o oitavo máis grande de Inglaterra. Neste estadio foron organizados até dezaseis encontros internacionais da selección absoluta de Inglaterra, o primeiro en 1899 e o máis recente en 2005. Así pois é un terreo de xogo que albergou á selección inglesa en tres séculos diferentes.

Villa Park é tamén o estadio máis utilizado nas semifinais da FA Cup da historia, albergando até 55 destes encontros. O club ten planificado ampliar a Bancada Norte, o que suporá "encher" as esquinas de ámbolos dous lados desta gradaría. Se se complétase esta obra a capacidade de Villa Park incrementarase a aproximadamente 51.000 espectadores. O campo de adestramento actual atópase en Bodymoor Heath, ao norte de Warwickshire, sitio adquirido polo ex-presidente do club Doug Ellis a principios de 1970 a un labrego local.

Panorama de Villa Park dende a bancada Trinity Road, amosando de esquerda a dereita a Bancada Norte, a bancada Doug Ellis e o Holte End.

Xogadores[editar | editar a fonte]

Cadro actual[editar | editar a fonte]

Cadro actualizado a 1 de outubro de 2015.[1]

Posto País Xogador
1 POR Flag of the United States.svg Brad Guzan
2 DEF Inglaterra Nathan Baker
4 DEF Inglaterra Micah Richards
5 DEF Dinamarca Jores Okore
6 DEF Flag of Ireland.svg Ciaran Clark
7 MED Flag of the Netherlands.svg Leandro Bacuna
8 MED Flag of Senegal.svg Idrissa Gueye
9 DIA Inglaterra Scott Sinclair
11 DIA Inglaterra Gabriel Agbonlahor
12 MED Inglaterra Joe Cole
14 DEF Suíza Phillipe Senderos
15 MED Inglaterra Ashley Westwood
16 DEF Inglaterra Joleon Lescott
17 MED Francia Jordan Veretout
Posto País Xogador
18 MED Inglaterra Kieran Richardson
19 DIA Flag of Ghana.svg Jordan Ayew
20 DIA España Adama Traoré
21 DEF Escocia Alan Hutton
23 DEF Francia Jordan Amavi
24 MED Flag of Colombia.svg Carlos Sánchez
25 MED España Carles Gil
27 DIA República Checa Libor Kozák
28 MED Francia Charles N'Zogbia
31 POR Inglaterra Mark Bunn
33 DEF España José Ángel Crespo
35 DEF Flag of Ireland.svg Enda Stevens
37 DIA Inglaterra Calum Robinson
39 DIA Benín Rudy Gestede
40 DIA Flag of Ireland.svg Jack Grealish

Récords de xogadores[editar | editar a fonte]

Estatísticas a 22 de febreiro de 2010 e de acordo ás estatísticas oficiais. Os xogadores en letra grosa seguen a xogar actualmente no Aston Villa.

Partidos xogados[editar | editar a fonte]

Allan Evans.
# Nome Período Aparicións Goles
1 Escocia Charlie Aitken 1959–1976 660 16
2= Inglaterra Billy Walker 1967–1981 531 244
2= Inglaterra Gordon Cowans 1976–1985/1988–1991/1993–1994 528 59
4 Gales Joe Bache 1900–1914 474 185
5 Inglaterra Allan Evans 1977–1989 469 62
6 Inglaterra Nigel Spink 1977–1996 454 0
7 Inglaterra Tommy Smart 1920–1934 452 8
8 Inglaterra Gareth Barry 1998–2009 441 52
9 Inglaterra Johnny Dixon 1955–1959 430 144
10 Inglaterra Dennis Mortimer 1975–1985 405 36
11 Inglaterra Billy George 1897–1911 401 0

Máximos goleadores[editar | editar a fonte]

Harry Hampton.
Dwight Yorke.
# Nome Período Goles Aparicións Goles por partido
1 Inglaterra Billy Walker 1919–1933 244 531 0.46
2 Inglaterra Harry Hampton 1904–1920 242 376 0.644
3 Inglaterra John Devey 1891–1902 187 304 0.615
4 Escocia Joe Bache 1900–1914 185 474 0.39
5 Inglaterra Eric Houghton 1927–1946 170 392 0.434
6 Inglaterra Tom Waring 1928–1935 167 226 0.739
7 Inglaterra Johnny Dixon 1945–1961 144 430 0.335
8 Ulster Banner.svg Peter McParland 1952–1962 120 340 0.353
9 Inglaterra Billy Garraty 1897–1908 112 255 0.439
10= Inglaterra Len Capewell 1921–1930 100 156 0.641
10= Gales Dai Astley 1931–1936 100 173 0.578
12 Flag of Trinidad and Tobago.svg Dwight Yorke 1989–1998 97 288 0.337

Galardóns individuais[editar | editar a fonte]

Máximo goleador de Europa

Os seguintes xogadores foron os máximos goleadores de toda Europa (dende 1968 premio Bota de Ouro) mentres xogaban para o Aston Villa:

Palmarés[editar | editar a fonte]

O Aston Villa ten palmarés tanto a nivel nacional como europeo, sendo o cuarto equipo inglés máis galardoado. O seu útlimo gran título foi a League Cup de 1996.

Nacional[editar | editar a fonte]

Liga[editar | editar a fonte]

Copas[editar | editar a fonte]

Europeo[editar | editar a fonte]

Dobretes[editar | editar a fonte]

As competicións de curta duración como a Charity/Community Shield, Copa Intercontinental, Copa Mundial de Clubs da FIFA ou Supercopa de Europa non se adoitan considerar como trofeos que contribúan a un dobrete. O Aston Villa até o momento non gañou ningunha copa a nivel mundial, como por exemplo a Copa Intercontinental, aínda que chegou a xogar a final da mesma en 1982, perdendo fronte o Peñarol uruguaio.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Squad Numbers 2009-10". Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2010. Consultado o 22 de febreiro de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]