Saltar ao contido

Estadio Municipal de Anoeta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estadio Municipal de Anoeta
Donostia Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Persoas e organizacións
 Operador/a
 Ocupante
 Propietario/a
Datas
 Fundación / creación
1991 Editar o valor en Wikidata
 Inauguración
29 de xullo de 1993 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Capacidade40.000 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Enderezo
Anoeta Pasalekua 1, E-20014 San Sebastián Editar o valor en Wikidata
43°18′05″N 1°58′25″O / 43.301378, -1.973617
Identificadores
Freebase/m/08lt7_ Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

O Estadio Municipal de Anoeta, tamén chamado Reale Seguros Stadium por motivos de patrocinio[1], é un estadio da cidade de Donostia, no País Vasco. Principalmente é utilizado pola Real Sociedad de Fútbol, pero tamén se celebran espectáculos de grande envergadura, como o son concertos ou partidos de rugby de equipos do País Vascofrancés, entre outros. Dispón dunha pista de atletismo ao redor do céspede.

O Estadio de Anoeta foi levantado en substitución do Campo de Fútbol Municipal de Atotxa (inaugurado en 1913). Foi inaugurado o 13 de agosto de 1993.

A súa construción foi financiada polo Concello de Donostia, a Deputación Foral de Guipúscoa e a Real Sociedad de Fútbol, e é xestionado pola Sociedade Privada Municipal Anoetako Kiroldegia.

Desde 2005 é utilizado ocasionalmente tamén como estadio local polo equipo de rugby vasco-francés Biarritz Olympique Pays Basque para os seus partidos maiores da Heineken Cup (Copa de Europa).

En 2008 desde a chegada de Iñaki Badiola á presidencia do equipo guipuscoano, pretende comprar o estadio que petenecería ao club e suprimir a pista de atletismo.

O 1 de agosto de 2019, anunciouse que o estadio pasaría a chamarse oficialmente Reale Seguros Stadium durante seis anos, tras un acordo coa empresa de seguros.[1]

O Estadio de Anoeta está localizado no barrio de Amara en Donostia e a súa dirección é Anoeta Pasealekua, 1 - 20014 Donostia.

  1. 1 2 "La Real cambia de nombre a Anoeta: Reale Seguros Stadium". as.com. Consultado o 1 de agosto de 2019.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]