Nacho Iglesias Villanueva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Ignacio Iglesias Villanueva")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ignacio Iglesias Villanueva
Información persoal
Nome completo Ignacio Iglesias Villanueva
Nacemento 1 de xuño de 1975 (44 anos)
A Coruña
Liga doméstica
Anos Liga Rol
2004–2010 Segunda árbitro
2010– Primeira árbitro

Ignacio Iglesias Villanueva, nado na Coruña o 1 de xuño de 1975, se ben desde unha idade moi temperá reside en Pontedeume, é un árbitro galego da Primeira División de España de fútbol. É membro do Comité de árbitros de Galicia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

No ano 2004 ascende á Segunda División na que permanece durante seis tempadas, da 2004/05 ata a 2009/10.

Consegue o ascenso á Primeira División en 2010, e debuta na máxima categoría o 13 de setembro de 2010 no Estadio de los Juegos Mediterráneos de Almería, dirixindo o partido entre a UD Almería e a Real Sociedad de San Sebastián. O partido rematou cun empate a dous goles.

O 30 de decembro de 2011 recibiu o recoñecemento como Mellor deportista eumés da campaña 2010/11 no marco da X Gala do deporte eumés[1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nova no Diario de Ferrol[Ligazón morta]