Caro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Caro
Carus.jpg
Aureus do emperador Caro.
Nome completo Marcus Aurelius Carus Augustus
Nacemento 222
Lugar Narbo, Gallia Narbonensis
Falecemento xullo ou agosto de 283 (61 anos)
Lugar alén do río Tigris, Mesopotamia
Nacionalidade Roma Antiga
Relixión relixión na Roma antiga
Ocupación político e militar
Fillos Carino e Numeriano
Período entre o 282 e o 283
editar datos en Wikidata ]
Moeda de Marco Aurelio Caro.

Caro (en latín: Marcus Aurelius Carus)[1][2] nado en Narbo en 222,[3] e finado alén do río Tigris en xullo ou agosto de 283, foi emperador de Roma de 282 a 283. Home versado na literatura latina, foi educado en Roma e ocupou diversos cargos civis e militares. No 282 foi nomeado como prefecto do pretorio.

Co asasinato de Probo preto de Sirmium, Caro foi nomeado emperador polas lexións, ás cales gañara coa súa honestidade e talento. Foi o primeiro emperador que prescindiu da confirmación do Senado, que aínda que se convertera nun costume, xa non tiña validez. Acusaronno de ser permisivo co asasinato de Probo, aínda que non participara nel.

Nomeou os seus fillos Carino e Numeriano coma Césares, enviando a Carino pra loitar as Galias e que se encarregase dos asuntos occidentais, xa que el, xunto co outro seu fillo se dirixe a loitar contra os persas na mesma expedición que orgaizara Probo

Vence os sármatas e continua a loita contra o rei dos persas Varanes II (Vahram II), ao que logrou vencer, conquista Mesopotamia e pon sitio de novo a Ctesifonte no 283.

Caro disfruta pouco tempo das vitorias, xa que a finais de xullo do 283 morre repentinamente. Non se sabe o motivo da súa morte. Para uns, debido a un raio estando no campo de batalla, pra outros a consecuencia das feridas recibidas nas loitas en Ctesifonte, e a terceira causa poido ser asasinado por orde do prefecto do pretorio, Arrio Aper, que non estaba de acordo con el en continuar as loitas mais aló do Tigris. Con el cúmprese a profecía persa de que os emperadores que cruzaban o Tigris morrían, xa que a fronteira do imperio romano estaba no río.

O seu fillo Numeriano, é nomeado augustus e continua as loitas mais aló do Tigris deica chegar a un acordo de paz cos persas.

Imperio Romano

Segue a:
Probo
Caro
Precede a:
Numeriano e Carino
Emperadores Ilirios

Notas[editar | editar a fonte]

  1. En latín, o nome de Caro escribiríase MARCVS AVRELIVS CARVS AVGVSTVS.
  2. Jones, páx. 183
  3. Canduci, páx. 105

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Jones, A.H.M., Martindale, J.R. The Prosopography of the Later Roman Empire, Vol. I: AD260-395, Cambridge University Press, 1971
  • Southern, Pat. The Roman Empire from Severus to Constantine, Routledge, 2001
  • Canduci, Alexander (2010). Triumph & Tragedy: The Rise and Fall of Rome's Immortal Emperors. Pier 9. ISBN 978-1-74196-598-8. 
  • Gibbon. Edward Decline & Fall of the Roman Empire (1888)