Saltar ao contido

Noalla, San Cibrao das Viñas

Noalla
Pazo en Noalla
ConcelloSan Cibrao das Viñas[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°17′05″N 7°50′51″O / 42.284619444444, -7.8475333333333
Poboación1.382 hab. (2024)
Entidades de poboación9[1]
[ editar datos en Wikidata ]

San Salvador de Noalla é unha parroquia do concello de San Cibrao das Viñas.

Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 1382 habitantes (706 homes e 676 mulleres), o que supón un aumento con respecto a 2011, cando tiña 1198 habitantes[2].

Igrexa parroquial.

Patrimonio histórico-artístico

[editar | editar a fonte]

Existe unha talla policromada do século XVI de Santa Rita na igrexa nova de Noalla e un pazo lindando coa estrada N-525, así como unha ponte, de orixe romana, sobre o río Barbaña, afluente do Miño. Pola parroquia discorre a Vía da Prata do Camiño de Santiago.

O patrón é San Salvador, celebrado o 6 de agosto. Outras festas da parroquia son a Virxe dos Remedios, en Reboredo o 8 de setembro e Santa Rita, tamén en Noalla, o 22 de maio.

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Noalla

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Noalla no concello de San Cibrao das Viñas (Ourense)

Áspera | Castroverde | O Cumial | Noalla | Polígono Industrial | A Ponte Noalla | Reboredo | Santa Marta | Veiga

Parroquias de San Cibrao das Viñas

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de San Cibrao das Viñas

Gargantós (Santa Comba) | Noalla (San Salvador) | Pazos de San Clodio (San Clodio) | Rante (Santo André) | San Cibrao das Viñas (Santo Ildefonso) | Santa Cruz da Rabeda (Santa Cruz) | Soutopenedo (San Miguel)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]