Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°17′26″N 7°48′53″O / 42.2904726, -7.8147947 O Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas é o polígono máis antigo de Galicia. Foi promovido pola Caixa de Aforros Provincial de Ourense o 25 de maio de 1965.

A localización foi decidida pola proximidade das estradas N-120 e N-540, preto da capital provincial (a 6,5 km), e preto da liña de ferrocarril Zamora - Ourense, próxima á estación de Taboadela. O 31 de maio de 1974 o decreto 1.890/74 delimitaba os terreos como chan industrial, e o 5 de xullo foi incluído na Grande Área de Expansión Industrial de Galicia.

As primeiras empresas en instalarse no polígono foron Barreiros Orense, Mobles Calvo e Orember. En 1975 Citroën adquiriu 56 ha de terreo. Trala total ocupación das parcelas, a Caixa de Aforros promoveu, en colaboración con Sigalsa, unha segunda fase de compra de parcelas. Adquiríronse 810.000 m², nos que se asentaron 27 empresas, entre elas Coren Uteco.


Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.