AC-551
AC-551 | |
---|---|
Tipoloxía | Estrada convencional |
Rede | Rede de estradas de Galicia |
Lonxitude | 1,26 km |
Localización | |
Inicio | A-6 AG-55 (saída 7) |
Fin | AC-552 AC-415 Sabón |
Circulación | |
Velocidade máxima | 90 km/h |
Concellos que atravesa
|
A AC-551 é unha estrada da rede primaria básica dependente da Xunta de Galicia. Une a A-6 e a AG-55 (saída 7) coa AC-552, a AC-415 e o polígono industrial de Sabón mediante 1,26 quilómetros de percorrido que se desenvolven na súa totalidade no concello de Arteixo.
Historia e características[editar | editar a fonte]
A AC-551 constitúe unha prolongación natural da A-6 no seu último punto quilométrico cara o polígono industrial de Sabón e os barrios máis urbanizados de Arteixo; e como tal foi construída e posta en servizo polo Ministerio de Obras Públicas, Transportes e Medio Ambiente do Goberno de España canda a propia A-6 en febreiro de 1996.[1]
En xuño de 2003 foi aprobada a súa transferencia ao goberno galego, adoptando a denominación (até daquela carente de denominación algunha) de AC-551 e pasando a formar parte da rede primaria básica.[2]
A AC-551 consta dun único carril por sentido da circulación sen posibilidade de realizar adiantamentos e debido ao seu carácter estratéxico, entre dous nós importantes da rede viaria galega, desde hai tempo varias administracións, públicas e privadas, reclaman o seu desdobramento para aumentar a súa capacidade e mellorar deste xeito os fluxos de tráfico.[3]
En decembro de 2014[4] púxose en servizo unha rotonda elevada para mellorar a circulación no seu cruzamento coa AC-552, a AC-415 e os accesos ao polígono de Sabón, o que supuxo tamén un desdobramento duns poucos metros da AC-551 nas proximidades de dita conexión.[5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ CRTVG (2014-12-23). "Inauguración do treito da autovía do Noroeste entre a autoestrada AP-9 e Arteixo". CRTVG. Consultado o 2017-08-08.
- ↑ "Decreto del DOG nº 140 de 21/07/2003 - Xunta de Galicia". www.xunta.gal (en castelán). Consultado o 2017-08-08.
- ↑ "RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DE CALIDADE E AVALIACIÓN AMBIENTAL POLA QUE SE APROBA A MEMORIA AMBIENTAL CORRESPONDENTE AO PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA DO PLAN DIRECTOR DE ESTRADAS DE GALICIA, PLAN MOVE (2009-2020).". Xunta de Galicia. Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Consultado o 08.08.2017.
- ↑ Susana Acosta (2014-12-06). "La apertura de la rotonda abre una nueva etapa en Sabón". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2017-08-08.
- ↑ Susana Acosta (2013-04-10). "Inician el desdoblamiento del acceso a la rotonda de Sabón". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2017-08-08.