VG-4.1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
VG-4.1
Corredor do Salnés
Tipoloxíavía para automóbiles
RedeRede de estradas de Galicia
Localización
Inicio AG-41  Sanxenxo
Fin PO-308  A Lanzada
Circulación
TránsitoRodado, non peonil.
Velocidade máxima100 km/h

A VG-4.1 ou Corredor do Salnés é unha vía de alta capacidade dependente da Xunta de Galicia. Orixinariamente formaba parte dun corredor máis longo, coñecido como Vía Rápida do Salnés, que foi desdobrada e convertida na autovía AG-41.[1] Une a propia AG-41 na altura do concello de Sanxenxo coa praia da Lanzada, onde conecta coa PO-308 de acceso ao Grove.

En 2008 a entón conselleira de Política Territorial, OO. PP. e Transporte, María Xosé Caride, deixaba a porta aberta á posibilidade de prolongar o desdobramento até o concello do Grove [2]. En 2020 aínda non se produciu tal desdobramento.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Opinión A Coruña (23.07.2008). "La Autovía de O Salnés queda inaugurada tras dos años de obras" (en castelán). Consultado o 2017-08-09. 
  2. Fernando Salgado (22.07.2008). "La Autovía do Salnés tendrá continuidad hasta O Grove". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2017-08-09.