AC-527

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
AC-527
Vía Ártabra
Variante de Oleiros
RedeRede de estradas de Galicia
Lonxitude1,76 km
Localización
Inicio AG-13 
Fin DP-5813  Oleiros

A AC-527 ou Variante de Oleiros da Vía Ártabra é unha estrada da rede primaria básica dependente da Xunta de Galicia[1].

As obras para a súa construción empezaron no outono de 2009.[2] En 2011 decidiuse que este ramal sería de vía convencional para lle dar maior permeabilidade á capital municipal, dotándoo de rotondas e pasos peonais[3], porén si se levou finalmente a cabo a instalación dun valado como corresponde a unha vía de alta capacidade[4].

O 30 de xuño de 2012, inaugurouse un primeiro tramo de 700 metros[5], o resto entraría en servizo canda a AG-13, en setembro de 2013.[6][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Rede de Estradas de Galicia (xuño 2009)" (PDF). Instituto Galego de Vivenda e Solo. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de agosto de 2017. Consultado o 2017-05-08. 
  2. "En marcha as obras da variante de Oleiros" (PDF). Vivir en Oleiros. Concello de Oleiros. Consultado o 10.08.2017. 
  3. "La variante de Oleiros será vía convencional". La Voz de Galicia (en castelán). 2011-04-07. Consultado o 2017-08-10. 
  4. "Las obras de instalación de vallas metálicas retrasa la apertura de la variante local de la Vía Ártabra". El Ideal Gallego (en castelán). Consultado o 2017-08-10. 
  5. S. Acosta (2012-07-01). "La Xunta inaugura 700 metros de la variante de Oleiros". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2017-08-10. 
  6. Axencia EFE. "Inaugurado el nuevo tramo de la vía Ártabra". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 2017-08-10. 
  7. Romero, Daniel. "La Xunta inaugura un nuevo tramo de la Vía Ártabra entre Meirás y la N-VI". El Ideal Gallego (en castelán). Consultado o 2017-08-10.