LU-540
A estrada LU-540 (anteriormente denominada C-640) é unha estrada comarcal administrada pola Xunta de Galicia que discorre pola provincia de Lugo. Vai de norte a sur desde a vila de Viveiro, situada na franxa costeira da Mariña Occidental, até a localidade de Xermade, situada na comarca da Terra Chá.
Comeza o seu trazado no centro do núcleo urbano da cidade de Viveiro, que une coa estrada LU-862. A estrada continua en dirección sur, cara a Ourol, atravesando a Serra do Xistral no alto do porto da Gañidoira, para finalmente terminar na rotonda situada na parroquia de Cabreiros, nos arredores de Xermade, uníndose neste sitio á autoestrada autonómica.