AC-550
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
AC-550 | |
---|---|
Tipoloxía | Estrada convencional |
Rede | Rede de estradas de Galicia |
Lonxitude | 107 km |
Localización | |
Inicio | AC-552 Cee |
Fin | AC-305 Ribeira |
A AC-550 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Une as localidades coruñesas de Cee e Ribeira, logo de 107 quilómetros. Foi creada en 1986 logo da fragmentación da C-550, que percorría a costa galega das Rías Baixas.
Percorrido[editar | editar a fonte]
A estrada inicia o seu percorrido en Cee, proseguindo por Dumbría, Carnota, Muros, Outes, Noia, Porto do Son e finalmente Ribeira.