VG-2.1
| VG-2.1 Vía de Alta Capacidade Monforte (CG-2.2 a CG-2.1) | |
|---|---|
| ID antigo | |
| Identificador | |
| Tipoloxía | Vía para automóbiles |
| Rede | Rede de estradas de Galicia |
| Titular da vía | |
| Dimensións | |
| Lonxitude | 2,71 km |
| Formato | 1 carril por sentido |
| Localización | |
| Inicio | CG-2.2 A Trincheira |
| Fin | CG-2.1 A Folgueira |
| Circulación | |
| Tránsito | Rodado, non peonil |
| Velocidade máxima | |
| Restricións viarias | |
A VG-2.1 ou Vía de Alta Capacidade Monforte (CG-2.2 a CG-2.1)[1][2] (na provincia de Lugo), é unha vía para automóbiles da Xunta de Galicia que une as localidades da Trincheira e A Folgueira; ambas no concello de Monforte de Lemos. Ten unha lonxitude de 2,71 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa CG-2.2 na Trincheira (Monforte de Lemos) e finaliza nun cruzamento coa CG-2.1 na Folgueira (Monforte de Lemos).
Percorrido
[editar | editar a fonte]Inicia na rotonda cos accesos ao Corredor de Lugo-Monforte de Lemos (CG-2.2) e á estrada LU-617, unha en dirección noroeste cara a Escairón e outra en dirección sueste a Monforte de Lemos, situada no lugar da Trincheira (parroquia de Seoane do concello de Monforte de Lemos). Seguindo na vía ata a ligazón do corredor CG-2.1 (Corredor Monforte de Lemos-Lalín) no lugar da Folgueira (parroquia da Vide do mesmo concello). Na metade do percorrido cruza sobre o río Cinsa.
Historia
[editar | editar a fonte]As primeiras obras iniciaron en xuño de 1997[3] e este treito era o antigo corredor e Monforte de Lemos-Lalín (CG-2.1) que inaugurara en maio de 1999.[4][5] Formaba parte de ultímaa fase de completar o corredor, no treito entre Escairón e Monforte de Lemos sen a prolongación cara a sur coa estrada N-120 e a conexión coa CG-2.2.
Treitos
[editar | editar a fonte]| Denominación | Treito | Kms | Ano servizo |
|---|---|---|---|
| VG-2.1 | CG-2.2 A Trincheira - CG-2.1 A Folgueira | 2,7 | 1999[4][5] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021.
- ↑ "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.
- ↑ "Cuiña afirma que el tramo de Bacelares a Monforte estará listo en diciembre del 98". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 27 de xuño de 1997.
- 1 2 "Manuel Fraga inauguró en Monforte catorce obras, una cada media hora". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 30 de maio de 1999.
- 1 2 "A Xunta completou o Corredor Monforte-Lalín". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 9 de xuño de 1999.
