AC-441

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
AC-441
Travesía de Baíñas
RedeRede de estradas de Galicia
Lonxitude21 km
Localización
InicioPereira  AC-400   AC-546 
FinBerdoias  AC-552 

A AC-441 é unha estrada pertencente á rede primaria complementaria da Xunta de Galicia. Une as localidades coruñesas da Pereira e Berdoias, logo duns 21 quilómetros.

Percorrido[editar | editar a fonte]

A estrada comeza o seu percorrido no cruzamento da AC-400 e a AC-546 na aldea da Pereira, no concello de Santa Comba. De aí parte cara ao norte salvando o río Xallas á altura de Brandomil. En Baíñas, xa no concello de Vimianzo, crúzase coa estrada que vai de Baio a Olveira logo de ter bordeado o encoro da Fervenza. Antes de rematar, por fin, na AC-552 en Berdoias, dúas estradas permiten anticipar dita conexión co consecuente aforro de quilómetros entre Baíñas e Berdoias: a DP-9203 en dirección nordés, cara a Vimianzo, e a AC-442 en dirección suroeste, cara a Dumbría e Cee.

Descrición[editar | editar a fonte]

A AC-441 forma parte do gran corredor que constitúe xunto coa AC-546 e a AC-544, que permite comunicar a área de Santiago de Compostela e as terras da Barcala e Xallas cos concellos da Costa da Morte.