PO-264
PO-264 | |
---|---|
Comezo da estrada | |
Tipoloxía | estrada convencional C-50 |
Rede | Rede de estradas de Galicia |
Lonxitude | 3,58 km |
Localización | |
Inicio | Paredes, Vilaboa N-550 |
Fin | Arcade, Soutomaior N-550 |
Concellos
|
A PO-264 é unha vía da Xunta de Galicia, que vai desde a estrada N-550 en Paredes (Vilaboa) até a mesma estrada en Arcade (Soutomaior).
Percorrido[editar | editar a fonte]
A estrada é un tramo do antigo camiño real que ía de Tui a Santiago de Compostela. Nalgún tramo coincide coa ruta portuguesa do camiño de Santiago. Sae desde Paredes, no concello de Vilaboa. Pasa por riba da antiga liña de tren Redondela-Pontevedra, en desuso desde 2013. Logo de entrar no concello de Pontevedra pasa por baixo do Eixe atlántico de alta velocidade. Cruza o regueiro de Cacheiro e o río Ulló na súa desembocadura na enseada de San Simón, e entra na Ponte (Ponte Sampaio) pola rúa dos heroes da batalla de Ponte Sampaio.
Cruza o río Oitavén pola ponte de Ponte Sampaio e chega a Arcade. Atravesa a vila pola avenida de Xosé Solla e prosegue pola rúa do Calvario até enlazar de novo coa N-550.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Relación de estradas autonómicas na provincia de Pontevedra, 22 de febreiro de 2018.