PO-205

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
PO-205
TipoloxíaEstrada convencional C-50
RedeRede de estradas de Galicia
Lonxitude15 km
Localización
InicioSilleda
FinAs Cruces,Vila de Cruces
Punto quilométrico da PO-205 en Ponte, Silleda.

A PO-205 é unha estrada de rango autonómico que une os núcleos urbanos de Silleda e Vila de Cruces na provincia de Pontevedra, aínda que tamén atravesa unha parroquia lalinense. Ten unha lonxitude de 15 km.

Construción e descrición[editar | editar a fonte]

A construción desta estrada comezou entre finais de 1992 e inicios de 1993, inaugurándose ao tráfico o 27 de setembro de 1993. A principal dificultade que se atoparon os promotores foi o río Deza, que separaba os concellos de Silleda e Vila de Cruces, obstáculo que salvaron coa construción dun viaduto de 155 metros sobre o mesmo.

Trazado[editar | editar a fonte]

Iníciase nunha rotonda en Silleda que a enlaza coa N-525 e a PO-2205, aproximadamente no km 303 da primeira. A apenas 1,5 km da saída, unha nova rotonda enlázaa co casco urbano sillendense e cunha das entradas ao Recinto Feiral da Semana Verde de Galicia. Aos 2 km, unha nova rotonda fai de enlace coa Autoestrada Central Galega AP-53. Pasados os 5 km, chégase ao viaduto sobre o Deza, co que se cambia de concello. Unha vez no de Vila de Cruces, aos 6.5 km, aparta unha pista á dereita que leva ao Santuario da Nosa Señora do Corpiño. Mediados os 9 km, únese a ela a estrada Prado-Bodaño, por onde tamén podemos acceder ao Corpiño. Aproximadamente aos 14 km, aparece unha nova rotonda, que indica o inicio do casco urbano das Cruces. A última rotonda, no punto quilométrico 15, pon fin a esta estrada, enlazándoa coa PO-206, que une As Cruces con Lalín e coa PO-905, que remata no encoro de Portodemouros.

Parroquias que atravesa[editar | editar a fonte]