AC-14

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
AC-14
Autovía de acceso á Coruña
Vista dos viadutos do nó entre a AC-14 e a V-1.4 en Mesoiro, á altura do polígono de Pocomaco.
TipoloxíaAutovía
RedeRede de estradas do Estado
LonxitudeAC-14 e AC-14AL suman 13 km
Localización
InicioSésamo  A-6 
FinAs Lonzas, A Coruña
(Avenida de Enrique Salgado Torres)

A AC-14 ou Autovía de acceso á Coruña, é unha autovía urbana da cidade da Coruña. Cunha lonxitude de preto de 10 quilómetros conecta a autovía A-6 á altura da parroquia de Sésamo[1] en Culleredo coa avenida de Enrique Salgado Torres na zona das Lonzas, na Coruña.

A finalidade da súa construción foi a de descargar de tráfico a entrada e saída da cidade pola Avenida Alfonso Molina, proporcionando xunto coa autoestrada V-1.4 (tamén chamada Ronda do Deportivo da Coruña) a posibilidade de acceder e saír da cidade a través doutras avenidas. A dous quilómetros do seu fin en Lonzas, a AC-14 bifúrcase coa Ronda do Deportivo da Coruña coa que se pode entrar na cidade pola rúa Manuel Murguía ou pola Avenida de Arteixo. A AC-14 tamén ofrece a posibilidade de chegar á Avenida Alfonso Molina (AC-11) a través da súa última saída cara á Ronda de San Cristovo ou AC-10.

A autovía AC-14 permite ademais acceder ao aeroporto xa que conta no treito Ledoño-A Zapateira cun ramal de case 3 quilómetros, denominado AC-14AL que conduce directamente á terminal do Aeroporto de Alvedro, e permite posteriormente conectar coa estrada nacional N-550[2].

Construción e inauguración[editar | editar a fonte]

O proxecto de construción da AC-14 ten a súa orixe nun acordo subscrito no ano 2000 entre os que daquela eran alcalde da Coruña Francisco Vázquez e Conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas Xosé Cuíña[3]. Habitualmente a obra foi coñecida no seu conxunto polo nome de Terceira Ronda, e finalmente se materializou na construción por parte do Ministerio de Fomento dunha autovía (AC-14) de acceso á cidade dende a A-6 até Lonzas, xunto coa construción por parte da Xunta de Galicia doutra autovía de circunvalación entre a AC-14 e a rotonda do Pavo Real, no cruzamento da rolda de Outeiro e a rúa de Manuel Murguía.

A primeira pedra dos dous treitos que conforman a AC-14 foi posta no ano 2006, sendo alcalde da Coruña Javier Losada[3]. O primeiro treito inaugurado foi o que vai dende a A-6 ata A Zapateira, que se puxo en servizo en abril do ano 2011[2]. Daquela agardábase que estivese totalmente operativa a finais de 2013[4], máis finalmente o tramo Lonzas-A Zapateira foi inaugurado en marzo de 2015[3], a falta de rematar un par de conexións, e sendo alcalde Carlos Negreira. O custo total conxunto da AC-14 e a V-1.4 foi de máis de 250 millóns de euros[3].

Conexións da AC-14[editar | editar a fonte]

Tramos "Lonzas - A Zapateira" e "A Zapateira - Ledoño"[editar | editar a fonte]

Número de Saída Nome de Saída, Túnel ou Viaduto Estrada que liga
0 Catro Camiños Avenida Salgado Torres
Viaduto As Lonzas, 445m
1 Avenida Alfonso Molina
Polígono de Agrela
AC-10
Viaduto Pocomaco, 430m
2
(en sentido Ledoño)
Mesoiro
Feáns
Polígono Pocomaco
Campus de Elviña
DP-0512
2A
(en sentido A Coruña)
Mesoiro
Feáns
Pocomaco
Campus Elviña
DP-0512
Viaduto Mesoiro, 105m
2B
(en sentido A Coruña)
Riazor
Paseo marítimo
A Grela-Bens
V-1.4
3 A Zapateira
Campus A Zapateira
Vilaboa
DP-3006
Túnel Rias Altas 1, 200m
Túnel Rias Altas 2, 300m
Viaduto Rego de Castro, 200m
Túnel da Zapateira, 54m
Viaduto Rego de Trabe, 100m
7 Aeroporto de Alvedro AC-14AL
DP-0510
DP-3109
A Garrocha, 140m
Lugo
Madrid
Santiago
Ledoño
Arteixo
Carballo
A-6
AC-523
DP-3109

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]