AC-306
Aparencia
| AC-306 | |
|---|---|
![]() | |
| Identificador | |
| Tipoloxía | Estrada da Rede Secundaria |
| Rede | Rede de estradas de Galicia |
| Titular da vía | |
| Dimensións | |
| Lonxitude | 2,59 km |
| Formato | 1 carril por sentido |
| Localización | |
| Inicio | AC-305 Bexo |
| Fin | AG-11 A Vacariza |
A AC-306[1][2] (na provincia da Coruña), é unha estrada da Rede Secundaria da Xunta de Galicia que une as localidades de Bexo (Dodro) e A Vacariza (Rianxo); atravesa os concellos de Dodro e Rianxo. Ten unha lonxitude de 2,59 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa AC-305 en Bexo (Dodro) e finaliza na Vacariza nunha rotonda que xestiona o tráfico xerado pola saída 11 da AG-11 e a AC-553.
Segundo os datos de intensidade media publicados pola Xunta de Galicia, no ano 2023 esta estrada contabilizou 443 vehículos dos que un 6,8% corresponderon con tráfico pesado.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021.
- ↑ "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.
- ↑ "Datos de tráfico do ano 2024". Consultado o ano 2024.
