PO-532

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
PO-532
Tipoloxía estrada convencional C-80
Rede Rede de estradas de Galicia
Dimensións
Lonxitude 14,3 km
Localización
Inicio Pontevedra  N-541 
Fin Ponte Caldelas

A PO-532 é unha estrada autonómica que une as poboacións de Pontevedra e Ponte Caldelas. Ten 14,3 quilómetros de longo. É un tramo da antiga C-531 que unía Xinzo de Limia con Vilagarcía de Arousa.

Percorrido[editar | editar a fonte]

Sae da rotonda onde remata a N-541, na Avenida Loureiro Crespo de Pontevedra. No seu comezo pasa pola rúa de San Amaro, e en Marcón e Mourente pasa pola rúa de Moldes. No lugar da Ermida crúzase coa PO-542 que vai desde Bora até o nó do Pino.

Xa no concello de Ponte Caldelas, no lugar da Reigosa, está o desvío á dereita cara ao polígono industrial do Campiño, pola PO-0004. Pouco despois, tamén a man dereita, pode collerse a estrada PO-0206 cara a Xustáns. Logo de atravesar Vilarchán, Santana, Buchabade, Tourón e Cuñas, chégase a Ponte Caldelas.

A vía remata na Avenida de Pontevedra. A travesía que segue cara á Lama é a PO-255, a que vira á dereita pola Avenida de Vigo é a PO-244, que vai cara a Arcade, e a que vira á esquerda é a PO-234 que vai cara á Chan (Carballedo).