VG-4.2
VG-4.2 Vía de Alta Capacidade AG-41 (Saída 7)-Cambados | |
---|---|
ID antigo | |
Identificador | |
Tipoloxía | Vía para automóbiles |
Rede | Rede de estradas de Galicia |
Titular da vía | |
Dimensións | |
Lonxitude | 4,50 km |
Formato | 1 carril por sentido |
Localización | |
Inicio | AG-41 Os Coutos |
Fin | VG-4.3 Cambados |
Circulación | |
Tránsito | Rodado, non peonil |
Velocidade máxima | |
Restricións viarias | |
A VG-4.2 ou Vía de Alta Capacidade AG-41 (Saída 7)-Cambados[1][2] (na provincia de Pontevedra), é unha vía para automóbiles da Xunta de Galicia que une as localidades dos Coutos (Ribadumia) e Cambados; atravesa os concellos de Ribadumia e Cambados. Ten unha lonxitude de 4,50 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa AG-41 nos Coutos (Ribadumia) e finaliza nun cruzamento coa VG-4.3 en Cambados.
Percorrido
[editar | editar a fonte]Iniciada na rotonda da ligazón da saída 7 da autovía do Salnés, AG-41, con outro acceso á estrada EP-9405 ao lugar da Gándara (concello de Meis pola dirección norte) e outro ao lugar de Cabeza de Boi (mesmo concello pola dirección sur). Seguindo cara ao oeste chegando á rotonda da estrada EP-9305, con dirección ao norte á parroquia de Barrantes (concello de Ribadumia) e dirección ao sur ao lugar da Bouza (concello de Meaño), seguindo ata o viaduto sobre o río Umia duns 80 metros e remata na rotonda da VG-4.3 cos accesos ao oeste cara á estrada PO-550 a Cambados e ao leste cara á estrada PO-300 ao Mosteiro (concello de Meis).
Historia
[editar | editar a fonte]As primeiras obras iniciaron en agosto de 1996[3] e foi inaugurado un pouco máis dun ano despois, en setembro de 1997.[4] Permitindo para atravesar a Cambados e desconxestionar o tráfico da estrada autonómica PO-300 desde o Nó de Curro como ramal directo desde a autovía AG-41 a Cambados co aforro duns 11,6 quilómetros de rodeo a través de varias travesías como O Mosteiro, Portarís, Piñeirón ou o polígono industrial do Salnés.
Treitos
[editar | editar a fonte]Denominación | Treito | Kms | Ano servizo |
---|---|---|---|
VG-4.2 | AG-41 Os Coutos - VG-4.3 Cambados | 4,7 | 1997[4] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021.
- ↑ "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.
- ↑ "Cuiña dice que pactará con los alcaldes la red de comunicaciones de O Salnés". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 14 de agosto de 1996.
- ↑ 4,0 4,1 "Fraga supedita el desarrollo de O Salnés al de la red de comunicaciones viarias". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 23 de setembro de 1997.