Vía de Alta Capacidade da Costa Norte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
CG-1.3
Vía de Alta Capacidade da Costa Norte
Ponte sobre o Río Baleo, 24 de decembro de 2011.
Tipoloxíavía para automóbiles
RedeRede de estradas de Galicia
Localización
Inicio  AG-64  San Sadurniño
Fin CG-2.3 
CG-2.3
Vía de Alta Capacidade da Costa Norte
Tipoloxíavía para automóbiles
RedeRede de estradas de Galicia
Localización
Inicio CG-1.3 
Fin N-642 

A Vía de Alta Capacidade da Costa Norte ou Vía de Altas Prestacións da Costa Norte é un corredor variante de poboacións, actualmente unha vía para automóbiles, con trazado válido para nun futuro poder ser desdobrada a súa calzada constituíndo unha autovía (trazado con velocidade específica R-100 segundo a norma 3.1-IC do Ministerio de Fomento de España). Denomínase como CG-1.3 no seu percorrido pola provincia da Coruña e CG-2.3 no seu percorrido pola provincia de Lugo[1]

Características[editar | editar a fonte]

Está previsto que unha Ferrol con San Cibrao e que desde alí conecte co proxecto de autovía A-82, que conectará coa A-8 en Ribadeo. Deste xeito evítase o paso polo centro das diferentes vilas. É unha alternativa ás estradas autonómicas AC-862 e LU-862. Ten a posibilidade de ser desdobrada en autovía , xa que as súas estruturas, obras de paso, trazado etc. xa están previstas para usos en dúas calzadas.

O primeiro tramo aberto foi a variante de Ortigueira, inaugurada ao 2 de xullo de 2013 polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, con dous anos de atraso sobre a data inicial[2][3]. Ten unha lonxitude de 8,4 km, e contou cun investimento aproximado de 48 millóns de euros.

O tramo entre Celeiro (Viveiro) e San Cibrao (Cervo), tras padecer varias paralizacións, foi retomado en setembro de 2014 e estimando a conclusión das obras para a primavera de 2016[4]. Porén, non sería até o 10 de xaneiro de 2017 cando se puxeron en servizo os 9 km dos que consta esta última parte do corredor.[5]

En marzo de 2017, anunciábase desde a Xunta a intención de investir case 60 millóns de euros até o ano 2020, dando prioridade á conexión de tramos xa postos en servizo. Porén, aínda naquela altura, non se chegara a acadar un consenso coa administración local para a definición da variante de Viveiro.[6]

Tramos[editar | editar a fonte]

Tramo Lonxitude (km) Estado (agosto 2017)
Ferrol - O Campo do Hospital 19,1 En estudo informativo.
Campo do Hospital - enlace coa AC-101 8,0 En estudo informativo.
Variante de Ortigueira 8,4 En servizo (02.07.2013)
Espasante - Barqueiro 11,0 En estudo informativo.
Barqueiro - Covas 10,1 En estudo informativo.
Variante de Viveiro 17,0 En estudo informativo.
Celeiro - San Cibrao 9,0 En servizo (10.01.2017)

Notas[editar | editar a fonte]