VG-3.1
| VG-3.1 Vía de Alta Capacidade A-52 (Saída 217)-Noalla | |
|---|---|
| Identificador | |
| Tipoloxía | Vía para automóbiles |
| Rede | Rede de estradas de Galicia |
| Titular da vía | |
| Dimensións | |
| Lonxitude | 4,49 km |
| Formato | 1 carril por sentido |
| Localización | |
| Inicio | A-52 Gargantós |
| Fin | OU-525 Noalla |
| Circulación | |
| Tránsito | Rodado, non peonil |
| Velocidade máxima | |
| Restricións viarias | |
Concellos que atravesa
| |
A VG-3.1 ou Vía de Alta Capacidade A-52 (Saída 217)-Noalla[1][2] (na provincia de Ourense), é unha vía para automóbiles da Xunta de Galicia que une as localidades de Gargantós (San Cibrao das Viñas) e Noalla (San Cibrao das Viñas); atravesa os concellos de San Cibrao das Viñas e Taboadela. Ten unha lonxitude de 4,49 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa A-52 en Gargantós (San Cibrao das Viñas) e finaliza nun cruzamento coa OU-525 en Noalla (San Cibrao das Viñas).
Percorrido
[editar | editar a fonte]Inicia na rotonda da autovía das Rías Baixas, A-52, cos accesos á autovía AG-31 a Celanova e outros cos camiños veciñais, unha dirección sur cara ao lugar da Telleira (parroquia de Soutomaior do concello de Taboadela) e outra dirección norte ao lugar de Infesta (parroquia de Gargantós do concello de San Cibrao das Viñas) e termina na rotonda coa estrada OU-525 na parroquia de Noalla (mesmo concello) con direccións á Ponte Noalla e a estación ferroviaria de Taboadela. Case á final do percorrido atópase o viaduto de San Bieito duns 451 metros.
Historia
[editar | editar a fonte]As primeiras obras iniciaron en xuño de 2018[3] e inauguraron en setembro de 2020[4][5][6] como ramal á estrada autónomica galega OU-525 co acceso ao polígono industrial de San Cibrao das Viñas desde a autovía A-52. Facilita a conexión coa autovía AG-31 a Celanova e permitindo desconxestionar o tráfico desde a Saída 224 da autovía A-52.
Treitos
[editar | editar a fonte]| Denominación | Treito | Kms | Ano servizo |
|---|---|---|---|
| VG-3.1 | A-52 Gargantós - OU-525 Noalla | 4,5 | 2020[4][5][6] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021.
- ↑ "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.
- ↑ "El enlace de San Cibrao a la A-52 estará listo a mediados del 2020". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 28 de xuño de 2018.
- 1 2 "Feijóo refírese ao novo acceso ao polígono de San Cibrao das Viñas como unha infraestrutura estratéxica para o gran pulmón empresarial de Ourense". Consultado o 11 de setembro de 2020.
- 1 2 "El pulmón industrial se acerca a la A-52". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 12 de setembro de 2020.
- 1 2 "Una inversión de 22 millones acerca el polígono de San Cibrao a la A-52". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 12 de setembro de 2020.
