AC-543
AC-543 | |
---|---|
![]() Estrada AC-543 ao seu paso por Bertamiráns | |
Tipoloxía | Estrada convencional |
Rede | Rede de estradas de Galicia |
Lonxitude | 31 km |
Localización | |
Inicio | SC-20 Santiago de Compostela |
Fin | AC-550 Barro (Noia) |
A AC-543 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Une as localidades coruñesas de Santiago de Compostela e Barro (Noia), logo de 31 quilómetros.
Percorrido[editar | editar a fonte]
A estrada inicia o seu percorrido en Santiago de Compostela na parroquia de Laraño, proseguindo pola de Villestro. A continuación, no concello de Ames, atravesa a parroquia de Ortoño pasando polo seu núcleo, Bertamiráns. Máis tarde pasa, no concello de Brión, pola parroquia dos Ánxeles. Prosegue polo concello de Rois, pasando pola parroquia de Urdilde e logo pola de Ermedelo. Xa no concello de Lousame, pasa pola parroquia de Toxos Outos. A continuación, no concello de Noia, pasa polas parroquias de Roo e finalmente Barro, onde remata na estrada AC-550, no lugar de Curral de Orro.