PO-201
PO-201 | |
---|---|
Tipoloxía | Estrada convencional C-50 |
Rede | Rede de estradas de Galicia |
Lonxitude | 7,84 km |
Localización | |
Inicio | Silleda |
Fin | Laro, Silleda |
A PO-201 é unha estrada secundaria que une a vila de Silleda coa PO-534, na parroquia de Laro. Ten unha lonxitude de 7,84 quilómetros[1].
Percorrido e características[editar | editar a fonte]
O sinuoso trazado inicial foi modificado arredor do ano 2007, eliminándose gran parte das súas curvas e aumentando a anchura do vial. A estrada arranca na PO-2205, no cruzamento situado entre o parque municipal das Pedrosas e o cemiterio de Silleda. Cruza o río da Gouxa e intérnanse na parroquia de Siador atravesando o lugar do Marco. Xa na parroquia de Cortegada, discorre a carón do Burgo e destaca a longa recta dos Chaos. Atravesa despois Oleiros e dous lugares desta parroquia: O Carballo e Pazos. Continua logo ata enlazar nunha rotonda coa PO-534, coñecida como a estrada do Candán.