PO-300
| PO-300 | |
|---|---|
| Identificador | |
| Tipoloxía | Estrada da Rede Primaria Complementaria |
| Rede | Rede de estradas de Galicia |
| Titular da vía | |
| Dimensións | |
| Lonxitude | 9,04 km |
| Formato | 1 carril por sentido |
| Localización | |
| Inicio | Zacande |
| Fin | VG-4.3 Cambados |
Concellos que atravesa
| |
A PO-300[1][2] (na provincia de Pontevedra), é unha estrada da Rede Primaria Complementaria da Xunta de Galicia que une as localidades de Zacande (Meis) e Cambados; atravesa os concellos de Meis, Ribadumia, Vilanova de Arousa e Cambados. Ten unha lonxitude de 9,04 quilómetros e iníciase en Zacande (Meis) e finaliza nun cruzamento coa VG-4.3 en Cambados.
Percorrido
[editar | editar a fonte]A estrada é un tramo do camiño entre Pontevedra e Cambados. Sae desde Zacande, no concello de Meis, iniciado desde o tramo urbano. Despois de entrar no concello de Ribadumia cruza Portarís (Lois), Abelenda e A Costa (Leiro) até chegar a Ponte Arnelas.
Cruza o río Umia pola ponte de Santa Marta (antigamente pola ponte dos Padriños) e entra no concello de Vilanova de Arousa. Despois chega ao concello de Cambados por Oubiña, cruza o polígono industrial do Salnés e tras pasar Sameiro e Cacabelos chega a unha rotonda na que remata. Alí conecta coa VG-4.2 e a VG-4.3, e está prolongada pola estrada PO-550, que segue até A Lanzada.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021.
- ↑ "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.
