VG-1.4
| VG-1.4 Variante de Sardiñeiro | |
|---|---|
![]() | |
| Identificador | |
| Tipoloxía | Vía para automóbiles |
| Rede | Rede de estradas de Galicia |
| Titular da vía | |
| Dimensións | |
| Lonxitude | 4,86 km |
| Formato | 1 carril por sentido |
| Localización | |
| Inicio | AC-552 Cee |
| Fin | AC-445 Sardiñeiro |
| Circulación | |
| Tránsito | Rodado, non peonil |
| Velocidade máxima | |
| Restricións viarias | |
A VG-1.4 ou Variante de Sardiñeiro[1][2] (na provincia da Coruña), é unha vía para automóbiles da Xunta de Galicia que une as localidades de Cee e Sardiñeiro (Fisterra); atravesa os concellos de Cee e Fisterra. Ten unha lonxitude de 4,86 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa AC-552 en Cee e finaliza nun cruzamento coa AC-445 en Sardiñeiro (Fisterra).
Percorrido
[editar | editar a fonte]Inicia na rotonda da estrada AC-552 no lugar de Lobelos (parroquia da Pereiriña do concello de Cee), e termina na rotonda da estrada AC-445 na parroquia de Sardiñeiro (concello de Fisterra) sen ligazóns en todo o percorrido.
Historia
[editar | editar a fonte]As primeiras obras iniciaron en setembro de 2008[3] e inauguraron en novembro de 2011[4][5][6][7] como unha alternativa de evitar as travesías de Cee e Corcubión co rodeo duns 8,8 quilómetros a través das estradas AC-552 e AC-445.
Treitos
[editar | editar a fonte]| Denominación | Treito | Kms | Ano servizo |
|---|---|---|---|
| VG-1.4 | AC-552 Lobelos - AC-445 Sardiñeiro | 4,9 | 2011[4][5][6][7] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021.
- ↑ "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.
- ↑ "La ampliación del puerto de Brens comenzará a finales de este mes". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 16 de setembro de 2008.
- 1 2 "Feijóo renova o seu compromiso coa nova Autovía da Costa da Morte en 2013 para que avance "ao unísono" co resto de Galicia". Consultado o 28 de novembro de 2011.
- 1 2 "Fisterra y A Coruña están 9 minutos más cerca con la variante Cee-Sardiñeiro". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 29 de novembro de 2011.
- 1 2 "Diez minutos menos para el fin del mundo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 29 de novembro de 2011.
- 1 2 "La vía de Sardiñeiro sacará de Cee unos 5.000 coches diarios". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 29 de novembro de 2011.
