LU-862
Aparencia
| LU-862 | |
|---|---|
Vista á ponte de Viveiro sobre a ría de Viveiro (á dereita da imaxe) | |
| ID antigo | |
| Identificador | |
| Tipoloxía | Estrada da Rede Primaria Básica |
| Rede | Rede de estradas de Galicia |
| Titular da vía | |
| Dimensións | |
| Lonxitude | 30,06 km |
| Formato | 1 carril por sentido |
| Localización | |
| Inicio | AC-862 O Porto do Barqueiro |
| Fin | N-642 San Cibrao |
A LU-862[1][2] (na provincia de Lugo), é unha estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia que une as localidades do Porto do Barqueiro (Mañón) e San Cibrao (Cervo); atravesa os concellos do Vicedo, Viveiro, Xove e Cervo. Ten unha lonxitude de 30,06 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa AC-862 no Porto do Barqueiro (Mañón) co límite provincial de Lugo e Coruña e finaliza nun cruzamento coa N-642 en San Cibrao (Cervo).
Percorrido
[editar | editar a fonte]Comeza o seu trazado na ponte sobre a ría do Barqueiro, que une coa estrada AC-862 á altura do Vicedo. En Viveiro crúzase coa LU-540 para finalmente terminar no cruzamento de Fontecova nos arredores de San Cibrao (Cervo), uníndose á N-642.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Percorrido da estrada LU-862 na travesía de Xove
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021.
- ↑ "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.
