PO-552

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
PO-552
Dimensións
Lonxitude71,22 km
Localización
InicioAvenida do Alcalde Portanet (Vigo)
Fin N-551  Areas
Circulación
Velocidade máxima90 km/h

A PO-552 é unha estrada autonómica galega, unha das principais vías de comunicación dos concellos do sur da provincia de Pontevedra. Foi creada en 1986 logo da fragmentación da C-550, que percorría a costa galega das Rías Baixas.

Nomenclatura[editar | editar a fonte]

Como a Rede Autonómica de Estradas de Galicia (RAEGA) mantén a denominación da súa Rede Primaria Básica Convencional, é por isto polo que non se chama GA-552. O 552 débese á continuidade da N-552.[1][2][3]

Percorrido [4][editar | editar a fonte]

Comeza na rotonda viguesa onde conflúen a Avenida da Florida, a Avenida de Citroën e o tramo VI-30 da circunvalación de Vigo. Segue cara a Santo André de Comesaña, Coruxo, Oia e Saiáns, rodeando os montes do Maúxo. Continúa polas parroquias de Priegue e Nigrán, ata chegar á Ramallosa, onde se cruza coa PO-340 e a PO-325.

Cruza o río Miñor, e chega a parroquia de Santa Cristina da Ramallosa (Baiona). Continúa, pasando por Sabarís, O Burgo e a vila de Baiona ata pasar Cabo Silleiro en Baredo. Dende aí, segue polos pés da Serra da Groba.

Pasa polas parroquias oienses de Mougás, Viladesuso, Pedornes e Santa María de Oia; pola parroquia do Rosal e as parroquias guardesas de Salcidos e A Guarda, nesta última realiza un xiro para seguir o curso do río Miño. Prosegue polas parroquias de Salcidos, San Miguel de Tabagón, San Xoán de Tabagón, As Eiras, Goián, Figueiró (onde se une coa PO-344), Estás, Tomiño, Forcadela, Amorín, Currás e Sobrada. Remata na parroquia de Areas, onde conflúe nunha rotonda coa A-55 e a N-551.

Nomes locais[editar | editar a fonte]

Densidade do tráfico [6][editar | editar a fonte]

O primeiro tramo Vigo-Baiona é o que maior densidade de tráfico ten xa que nel están as zonas residencias e industriais. En Coruxo, alcanza, aproximadamente, 15.000 vehículos/día.

O segundo tramo Baiona-A Guarda é o que menor densidade presenta. E o terceiro tramo A Guarda-Tui ten unha densidade media composta por tráfico local.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. "Relación de Estradas de Pontevedra" (PDF). Consultado o 16/12/2014. 
  2. DXT. ""Autovías y Autopistas: cambios de nombre"" (PDF) (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28/06/2012. Consultado o 16/12/2014. 
  3. Blog "En la carretera II". "Fragmentación da C-550" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 03/06/2016. Consultado o 16/12/2014. 
  4. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. "Catálogo de Estradas". Arquivado dende o orixinal o 16/12/2014. Consultado o 16/12/2014. 
  5. Concello de Vigo. "Rueiro de Vigo". Consultado o 16/12/2014. 
  6. Plan MOVE - Xunta de Galicia. "Plan de Mobilidade e Ordenación Viaria Estratéxica 2009-15" (PDF). Consultado o 16/12/2014.