CG-4.1
| CG-4.1 Corredor do Morrazo | |
|---|---|
![]() | |
| ID antigo | |
| Identificador | |
| Tipoloxía | Vía de altas prestacións |
| Rede | Rede de estradas de Galicia |
| Titular da vía | |
| Dimensións | |
| Lonxitude | 4 km |
| Formato | 1 carril por sentido |
| Localización | |
| Inicio | AG-46 Cangas |
| Fin | VG-4.6 Alto da Portela |
| Circulación | |
| Tránsito | Rodado, non peonil |
| Velocidade máxima | |
| Restricións viarias | |
A CG-4.1 ou Corredor do Morrazo[1][2] (na provincia de Pontevedra), é un corredor galego de altas prestacións da Xunta de Galicia que une as localidades de Cangas e Alto da Portela (Bueu); atravesa os concellos de Moaña e Cangas. Ten unha lonxitude de 4 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa AG-46 en Cangas e finaliza nun cruzamento coa VG-4.6 en Alto da Portela (Bueu).
Percorrido
[editar | editar a fonte]Inicia na final da autovía do Morrazo, AG-46 coa ligazón da vía para automóbiles, VG-4.5 (coñecido como Acceso a Cangas) no lugar de Ameixoada (concello de Moaña), pasado polo viaduto do río Bouzós duns 234 metros de lonxitude e o túnel de Coiro duns 110 metros de lonxitude. Remata na ligazón da estrada PO-551 con direccións, un ao norte ao polígono industrial da Portela e o lugar da Portela (ambos no concello de Bueu) e outro ao sur a Cangas, no lugar de Alto da Portela (concello de Bueu), coa conexión directa á vía para automóbiles, VG-4.6 ao lugar de Menduíña (concello de Cangas).
Historia
[editar | editar a fonte]
As primeiras obras iniciaron en maio de 2003[3] e foi inaugurado en decembro de 2005,[4][5][6] entre a rotonda de Domaio (estrada nacional N-554) e Menduíña (Cangas).
As obras do desdobramento do corredor (no treito entre Domaio e Cangas) iniciaron en outubro de 2015[7] o primeiro treito entre a rotonda de Domaio e a ligazón de Domaio, duns 3,3 quilómetros de lonxitude. O segundo treito, duns 4,1 quilómetros de lonxitude, entre a ligazón de Domaio e Meira iniciaron as obras en xuño de 2016.[8] E o terceiro treito, duns 3,8 quilómetros de lonxitude, entre Meira e Moaña iniciaron as obras en setembro de 2017.[9]
Asemade, o feito de que se proxectara este corredor no lugar onde se encontra o castro de Montealegre, obrigou a unha corrección no proxecto de desdobramento, dado que a a largura da nova plataforma afectaría de xeito irreversíbel ao xacemento arqueolóxico.[10] Estes traballos para salvar o castro provocarán un novo peche, estimado en sete meses, desta vía de alta capacidade unha vez remate a temporada estival.[11]
O primeiro treito entre a rotonda de Domaio e Meira foi inaugurado en maio de 2018,[12][13][14][15][16] duns 7,3 quilómetros de lonxitude, e o segundo treito entre Meira e Moaña foi inaugurado en xuño de 2019,[17][18][19] duns 3,9 quilómetros de lonxitude.
Treitos
[editar | editar a fonte]Treito orixinal CG-4.1
[editar | editar a fonte]| Denominación | Treito | Kms | Ano servizo |
|---|---|---|---|
| CG-4.1 | N-554 Domaio - VG-4.6 Alto da Portela | 15 | 2005[4][5][6] |
Conversión en AG-46
[editar | editar a fonte]| Denominación | Treito | Kms | Ano servizo |
|---|---|---|---|
| AG-46 | N-554 Domaio - EP-1102 Meira | 7,3 | 2018[12][13][14][15][16] |
| AG-46 | EP-1102 Meira - VG-4.5 Moaña | 3,9 | 2019[17][18][19] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021.
- ↑ "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.
- ↑ "Feijoo afirma que la vía rápida de O Morrazo estará lista en el 2005". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 10 de maio de 2003.
- 1 2 "El corredor de O Morrazo espera desde hoy 40.000 coches al día". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 3 de decembro de 2005.
- 1 2 "Una trampa menos para O Morrazo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 3 de decembro de 2005.
- 1 2 "Ingeniería de vanguardia para la carretera más cara". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 3 de decembro de 2005.
- ↑ "Por fin arraca el primer tramo de la autovía de O Morrazo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 21 de outubro de 2015.
- ↑ "A Xunta inicia hoxe as obras de execución do segundo treito da autovía do Morrazo, desde a ligazón de Domaio ata o de Meira". Consultado o 29 de xuño de 2016.
- ↑ "Ethel Vázquez avanza que a totalidade da autovía do Morrazo estará finalizada no verán de 2019 e os dous primeiros treitos xa entrarán en servizo na próxima primavera". Consultado o 29 de setembro de 2017.
- ↑ "El castro que cambió la autovía". Atlántico (en castelán). Consultado o 8 de maio de 2017.
- ↑ "O corredor do Morrazo pechará sete meses para salvar o castro de Montealegre". Consultado o 9 de xuño de 2017.
- 1 2 "Feijóo destaca que a apertura da Autovía do Morrazo marca un antes e un despois na seguridade, mobilidade e competitividade de toda a comarca". Consultado o 11 de maio de 2018.
- 1 2 "A 120 km/h por los dos primeros tramos de la autovía de O Morrazo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 12 de maio de 2018.
- 1 2 "La Xunta abre 7,3 kilómetros de la autovía de O Morrazo y prevé completar el trazado en un año". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 12 de maio de 2018.
- 1 2 "Feijoo apremia a Audasa para que acabe las obras en el puente de Rande". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 12 de maio de 2018.
- 1 2 "POSTA EN SERVIZO DA AUTOVÍA DO MORRAZO". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 12 de maio de 2018.
- 1 2 "Feijóo destaca a posta en servizo da totalidade da Autovía do Morrazo que achegará aínda máis a comarca a Vigo e Pontevedra e contribuirá a unha maior seguridade, mobilidade e competitividade". Consultado o 21 de xuño de 2019.
- 1 2 "La autovía do Morrazo, completa". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 22 de xuño de 2019.
- 1 2 "La autovía gratuita de O Morrazo dará seguridad a 16.000 conductores al día". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 22 de xuño de 2019.

