PO-546

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
PO-546
"Estrada vella de Marín"
Tipoloxía estrada convencional C-50
Rede Rede de estradas de Galicia
Lonxitude 6,6 km
Localización
Inicio avenida Fernández Ladreda, Pontevedra
Fin praza de España, Marín

A PO-546 é unha estrada que comunica Pontevedra con Marín. Foi creada en 1986 logo da fragmentación da C-550, que percorría a costa galega das Rías Baixas. É coñecida polo nome de estrada vella de Marín, dado que era o traxecto habitual antes da construción da PO-11. Atópase en bo estado e ten abundante tráfico.

Percorrido[editar | editar a fonte]

A estrada comeza en Pontevedra, no cruzamento da avenida Fernández Ladreda e a rúa de Manuel del Palacio coa rúa de Rosalía de Castro, no barrio de Campolongo. Continúa pola rúa de Rosalía de Castro, e tras pasar baixo a AP-9, enlaza coa estrada que comunica Pontevedra e Salcedo pasando pola Ruibal.

No quilómetro 1,5 atópase o desvío á urbanización Pontemuíños e no quilómetro 2 a entrada ao complexo da papeleira de Pontevedra, onde están as factorías de ENCE e ELNOSA. Atravésanse os lugares da Igrexa e o Rozo en Lourizán, e chégase aos Praceres e Estribela, onde a estrada se une coa PO-11, rematando na praza de España de Marín, xunto á porta de Carlos I da Escola Naval Militar.