AC-173
AC-173 | |
---|---|
Identificador | |
Tipoloxía | Estrada da Rede Primaria Complementaria |
Rede | Rede de estradas de Galicia |
Titular da vía | |
Dimensións | |
Lonxitude | 4,89 km |
Formato | 1 carril por sentido |
Localización | |
Inicio | O Porto de Santa Cruz |
Fin | AC-163 Mera |
A AC-173[1][2] (na provincia da Coruña), é unha estrada da Rede Primaria Complementaria da Xunta de Galicia que une as localidades do Porto de Santa Cruz e Mera; ambas no concello de Oleiros. Ten unha lonxitude de 4,89 quilómetros e iníciase no Porto de Santa Cruz (Oleiros) e finaliza nun cruzamento coa AC-163 en Mera (Oleiros).
Percorrido
[editar | editar a fonte]A estrada, plenamente urbana, inicia o seu percorrido no lugar de Porto de Santa Cruz (Oleiros), no cruzamento da Rúa Río Seixo até o centro de Mera (Oleiros), onde empalma coa estrada AC-163, co paseo marítimo e a praia de Mera.
Cambio de titularidade
[editar | editar a fonte]En 2017[3] a Xunta de Galicia publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) a transferencia dun treito da estrada AC-173 a prol do Concello de Oleiros, para a execución dunha glorieta de enlace da estrada Perillo-Mera (AC-173) coa provincial DP-5812, que une Meirás e Santa Cruz. Con esta actuación levarase a cabo unha reordenación completa do cruzamento das estradas AC-173 e DP-5812, para solucionar os problemas de tráfico existentes neste punto. Para realizar esta infraestrutura, consideráronse factores como os tráficos rodado e peonil ou o desenvolvemento urbano do ámbito da actuación.
O Concello de Oleiros encargouse da redacción do proxecto da rotonda, e da súa remisión á Axencia Galega de Infraestruturas para a súa conformidade. Ademais, xestionou os terreos necesarios e executou as obras.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, tal e como se citou anteriormente, asumiu o compromiso de financiar os gastos de execución das obras, polo que agora fixo efectiva a transferencia de titularidade deste treito, entre Perillo e Santa Cruz, comprendido entre os puntos quilométricos 0+000 e 4+300, a prol do Concello de Oleiros. Esta cesión é coherente co seu tránsito ao longo de treitos urbanos e ademais favorecerá a explotación da vía dende o punto de vista municipal.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021.
- ↑ "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.
- ↑ "DECRETO 83/2017, do 28 de xullo, polo que se aproba o cambio de titularidade do treito da estrada AC-173 Perillo (rotonda de Santa Cristina)-Mera (paseo marítimo), a prol do Concello de Oleiros". Consultado o 4 de setembro de 2017.
- ↑ "A Xunta transfire ao concello de Oleiros un treito da estrada AC-173 para a execución dunha glorieta". Consultado o 4 de setembro de 2017.