AC-523

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
AC-523
Comezo da estrada
TipoloxíaEstrada convencional
RedeRede de estradas de Galicia
Lonxitude15,6 km
Localización
Inicio A-6  Ledoño (Culleredo)
 AC-14  Ledoño (Culleredo)
Fin DP-2405  As Encrobas (Cerceda)

A AC-523 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Une as localidades coruñesas de Ledoño (Culleredo) e As Encrobas (Cerceda), logo de 15,6 quilómetros.

No seu percorrido atópanse as instalacións de Sogama.

Percorrido[editar | editar a fonte]

A estrada inicia o seu percorrido en Ledoño (Culleredo), na confluencia da autovía A-6 e a autovía AC-14, nas inmediacións do polígono industrial de Ledoño. Remata no lugar de Morzós nas Encrobas (Cerceda), nas proximidades das instalacións de Sogama, logo de 15,6 quilómetros de percorrido. Neste lugar a vía prosegue coa denominación DP-2405, partindo do km 1,7 cara ao Mesón do Vento (Ordes), pasando pola central térmica de Meirama.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]