OU-320
OU-320 | |
---|---|
Tipoloxía | estrada convencional C-80 |
Rede | Rede de estradas de Galicia |
Lonxitude | 24,8 km |
Localización | |
Inicio | Piñeira de Arcos (Sandiás) N-525 |
Fin | A Ponte Noalla (Noalla, San Cibrao das Viñas) OU-105 |
A OU-320 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Forma parte do antigo camiño de ferradura entre Ourense e Castela, posteriormente estrada Villacastín-Vigo e N-525. Comeza en Piñeira de Arcos (Sandiás) e remata na Ponte Noalla (Noalla, San Cibrao das Viñas). Ten unha distancia de 24,8 km.
Percorrido[editar | editar a fonte]
Desde o seu comezo ascende cara ao alto de Allariz. Pasa por Guimarás, Nanín, Allariz, Outeiro de Orraca, Gundiás, Taboadela, O Mesón de Calvos (a carón da estación de Taboadela) e chega á Ponte Noalla. A prolongación cara a Ourense é a OU-105.
No seu percorrido conserva varios fitos quilométricos da N-525.
Varios dos seus tramos son de titularidade municipal, nos núcleos urbanos das vilas de Allariz e Taboadela[1]