LU-539
LU-539 Variante de Viveiro | |
---|---|
Vista a Viveiro e a variante da estrada LU-539 | |
Identificador | |
Tipoloxía | Estrada da Rede Primaria Básica |
Rede | Rede de estradas de Galicia |
Titular da vía | |
Dimensións | |
Lonxitude | 0,96 km |
Formato | 1 carril por sentido |
Localización | |
Inicio | LU-862 Viveiro (oeste) |
Fin | LU-540 Viveiro (sur) |
A LU-539[1][2] (na provincia de Lugo), coñecida como a Variante de Viveiro, é unha estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia que une as localidades de oeste e sur de Viveiro; situada no concello de Viveiro. Ten unha lonxitude de 0,96 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa LU-862 no oeste de Viveiro e finaliza nun cruzamento coa LU-540 no sur de Viveiro.
Percorrido
[editar | editar a fonte]Esta estrada discorre de oeste a sur, unindo a estrada LU-862 á altura da Capela da Misericordia coa estrada LU-540, preto da estación ferroviaria de Feve Viveiro, cun percorrido total de 990 metros.
O seu trazado é paralelo á liña de ferrocarril Ferrol-Xixón, evitando así que os vehículos pasen polo centro urbano. A pesar de que se deseñou como unha estrada variante de poboación, menos dunha década despois de inaugurarse quedou obsoleta polo tráfico diario que soporta, planificándose que o seu labor de variante pase a ser desenvolvido pola Vía de Alta Capacidade da Costa Norte.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021.
- ↑ "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.