O Araño, Rianxo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Coordenadas: 42°41′37″N 8°47′59″O / 42.69361, -8.79972

O Araño
Rianxo, Araño hórreo 01-01.jpg
Hórreo no Araño.
O Araño, Rianxo.svg
Concello Rianxo
Poboación 1.372 hab. (2013)
Entidades de poboación 25

Santa Baia do Araño é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Rianxo. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 1.372 habitantes (667 homes e 715 mulleres), distribuídos en 25 entidades de poboación, o que reflicte unha diminución en relación ao ano 2004, cando tiña 1.512 habitantes, e ao ano 1999, cando tiña 1.655 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A parroquia está cruzada polo río Té e mailos regatos de Batán e do Muíño do Conde. O pico Muralla, con 678 metros de altitude, é o punto máis alto do seu termo, seguido polo Castro Barbudo, con 327 metros.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Xunto á casa reitoral da parroquia atópase o meirande hórreo de toda Galicia [1], en canto a lonxitude (36,75 metros a cámara e 37,05 m o celeiro, con 2,40 m de alchura e 2,70 m de altura media) e capacidade (cámara 109,31 m³, celeiro 59,09 m³). Foi construído a mediados do século XVII.

Tamén é salientable o Pazo dos Calotes, actualmente en restauración.

Próximo á igrexa atópase o castro de Araño, no que se acharon muíños de man e restos de cerámica.

O Araño na cultura popular galega[editar | editar a fonte]

  • Araño, meu Arañiño/ Na parroquia do Araño/ teño todo o meu cariño [2].
  • As mociñas do Araño/ mentras os máis van á misa,/ quedan na corte coas vacas/ rillando palla maísa.
  • Eu caseime no Araño/ co fillo dun arañón,/ pensando que non pasaba fame/ o forno da miña sogra cría silvas no verán.
  • Eu de onde estou ben vexo/ as rabizas en Teaio,/ tamén vexo os meus amores/ na arrechán de Araño [3].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Vexa o artigo principal en Galería de Imaxes do Araño, Rianxo

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares do Araño[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia do Araño no concello de Rianxo (A Coruña)

O Agro da Moa | O Batán | Buía | Campelo | Cantalarrana | A Capela | Carballal | A Casilla | Cerqueiras | Contrés | A Ermida | A Ferrería | Foxacos | Os Lemos | As Miráns | Outeiro | A Pontenova | Pousada | O Rabado | O Toural | Traba | A Varela | O Vilar | Os Xens | Os Xufreus

Parroquias de Rianxo[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Rianxo

O Araño (Santa Baia) | Asados (Santa María) | Isorna (Santa María) | Leiro (Santa María) | Rianxo (Santa Comba) | Taragoña (San Salvador)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://portelo.rianxo.com/index.php?idMenu=374&idIdioma=2 O hórreo máis grande.
  2. Fermín Bouza Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 202.
  3. Teaio é lugar da parroquia de San Xoán de Laíño, estremeira coa do Araño (Rianxo). As rabizas son as follas tenras do nabo. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 202. No texto: Teayo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204.