Saltar ao contido

Requeixo de Seabra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaRequeixo de Seabra
Imaxe

Localización
Mapa
 42°01′50″N 6°44′33″O / 42.030555555556, -6.7425
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de Zamora Editar o valor en Wikidata
CapitalRequeixo Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación107 (2025) Editar o valor en Wikidata (2,32 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie46,09 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude998 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
 Alcalde Editar o valor en WikidataSantiago Cerviño Silvan Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal49394 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE49174 Editar o valor en Wikidata

Requeixo de Seabra (Requejo de Sanabria en castelán e oficialmente, e Requeixu en leonés) é un concello e localidade española da provincia de Zamora na comunidade autónoma de Castela e León.[1] O xentilicio é «requeixelo».[2]

Encóntrase situado na bisbarra de Seabra, ao noroeste da provincia. Destaca polo seu patrimonio monumental, paisaxístico e ambiental, en especial polo seu bosque de enormes teixos denominado Bosque do Teixedelo, situado nas proximidades da vila e que milagrosamente se salvou dos innumerables incendios que asolan esta comarca.[3]

Requeixo de Seabra foi un concello asturfalante[4] na metade norte e galegofalante na metade sur[2], mais hoxe en día a única lingua que se fala é o castelán. A metade sur non deixou de falar o galego, senón que ficou despoboada.[2]

Demografía

[editar | editar a fonte]
Gráfica de evolución demográfica de Requeixo de Seabra[5] entre 1842 e 2021
     Poboación de dereito segundo os censos de poboación do INE.     Poboación de feito segundo os censos de poboación do INE.

Flora e fauna

[editar | editar a fonte]

Ten grandes masas forestais de carballos e de xestas, destacando o Teixedelo, bosque con teixos e castiñeiros de máis de mil anos de idade. Esta declarado Lugar de importancia Comunitaria (LIC) dentro da Rede Natura 2000.[6]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Requejo na páxina web da Deputación de Zamora". Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2013. Consultado o 13 de agosto de 2013.
  2. 1 2 3 Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 38. ISBN 978-84-8158-706-7.
  3. "Requejo na páxina web Del norte de Castilla". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2013. Consultado o 13 de agosto de 2013.
  4. A. C. Z. FURMIENTU (13 DE MARZO DE 2016). "TALLER DAS FALAS DE SENABRIA" (PDF). www.furmientu.org. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de febreiro de 2018. Consultado o 2018.
  5. Instituto Nacional de Estadística. "Alteracións dos concellos nos censos de poboación dende 1842". Consultado o 5 de agosto de 2024.
  6. "laopiniondezamora.es". Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2010. Consultado o 13 de agosto de 2013.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]