Abanqueiro, Boiro
Abanqueiro | |
---|---|
Centro social de Abanqueiro. | |
Concello | Boiro[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°38′10″N 8°50′52″O / 42.6362, -8.8478 |
Poboación | 1.655 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 12[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Cristovo de Abanqueiro[1] é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Boiro na comarca do Barbanza. Segundo o IGE en 2011 tiña 1745 habitantes (888 mulleres e 857 homes), 132 menos ca en 1999. Ten 11 entidades de poboación.
En 1845 tiña uns 764 habitantes[2].
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]A etimoloxía do topónimo Abanqueiro non se debe á existencia dunha fervenza. Existe a hipótese de que deriva de "banco de ostras" debido á abundancia deste marisco no litoral abanqueirés[Cómpre referencia]. Debido á recolección masiva xa apenas quedan ostras na zona.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Fundamentalmente rodeada de mar destacan as praias de Quintáns, Portomouro, A Fontenla e Mañóns, esta última recoñecida coa Bandeira Azul.
Economía
[editar | editar a fonte]O marisqueo é unha das súas máis importantes fontes de ingreso. A empresa conserveira Rianxeira ten a súa orixe nesta parroquia.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]No adro da románica igrexa de San Cristovo de Abanqueiro atopáronse restos dun baldaquino en pedra coas figuras da Virxe, un anxo e San Xoán apóstolo.
Abanqueiro na literatura popular
[editar | editar a fonte]- Quérenme as nenas de eiquí/ e as da banda de Leiro./ Se me collen en Rianxo/ bérraranme en Abanqueiro.[3].
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Igrexa de San Cristovo de Abanqueiro.
-
Igrexa de San Cristovo de Abanqueiro.
-
Igrexa de San Cristovo de Abanqueiro..
-
Vide de uva catalá en Abanqueiro.
-
Exipto.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Abanqueiro
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Abanqueiro no concello coruñés de Boiro | |
---|---|
Abanqueiro | Chancelas | O Chazo | Exipto | Graso | A Igrexa | A Pedra da Bouza | Portomouro | Quintáns | O Saltiño| San Martiño | Triñáns |
Parroquias de Boiro
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ Madoz, Pascual (1845). "ABANQUEIRO (SAN CRISTÓBAL DE)". Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (en castelán) I. Madrid. p. 40.
- ↑ Exemplo da confrontación entre parroquias lindeiras: Leiro (de Rianxo) e Abanqueiro (de Boiro). Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 162.