Julián Bustelo Abuín
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de xullo de 1994 (29 anos) O Araño, España |
Alcalde de Rianxo | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | político , arqueólogo |
Julián Bustelo Abuín, nado no Araño (Rianxo) o 17 de xullo de 1994, é un político e arqueólogo galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Arqueólogo. Vinculado á marea Rianxo en Común, foi o seu candidato á alcaldía nas eleccións municipais de 2019[1] e mantivo os 2 concelleiros cos que contaba a formación, sendo o portavoz do grupo na oposición ao goberno do BNG. Foi de novo candidato nas municipais de 2023 e conseguiu 5 concelleiros, ó igual que PSdeG e PPdeG, sendo o máis votado e asumindo a alcaldía ó votarse a si mesmos tódolos grupos[2], xa que rexeitou formar goberno con ningunha outra formación.
Predecesor: Adolfo Muíños |
Alcalde de Rianxo 2023 - actualidade |
Sucesor: no cargo |