Saltar ao contido

Sacardebois, Parada de Sil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sacardebois
ConcelloParada de Sil[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°22′37″N 7°31′17″O / 42.37708333, -7.52133333
Área3 km²
Poboación58 hab. (2023)
Densidade19,33 hab./km²
Entidades de poboación5[1]
editar datos en Wikidata ]

San Martiño de Sacardebois é unha parroquia do concello de Parada de Sil (provincia de Ourense). Segundo o IGE,[2] en 2023 tiña 58 habitantes (31 homes e 27 mulleres) en sete aldeas.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Está situada na comarca da Terra de Caldelas, na beira sur do río Sil. Linda ao norte coas parroquias de Pinol e Amandi, do veciño concello de Sober na provincia de Lugo; ao sur con Forcas, ao oeste con Chandrexa e ao leste con San Lourenzo de Barxacova.

A súa orografía está formada por unha vertente orientada cara ao norte en forma de pequenas ondulacións e vales por onde percorren os regatos das Augas Brancas (cos seus afluentes: Chipela, Roxedoiro e Purdeus), regato da Gurbela ou San Fiz, regato da Confredaría ou da Barxa, e por último, regato de Peche ou da Costrela, nomeados eles, de oeste a leste.

A parte alta do terreo está ocupada por unha fraga na cal o piñeiro e o eucalipto son case inexistentes. Da metade para abaixo (da vertente que forma a parroquia) está ocupada por bancais tamén nomeados patados, dedicados ó cultivo do viñedo. Onde o cultivo das vides se abandonou ou non se axeita, os terreos son de soutos, cos centenarios castiñeiros, nogueiras, e outras árbores froiteiras.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Gráfica de evolución demográfica de Sacardebois entre 2000 e 2023
Datos segundo o nomenclátor publicado polo INE.

Economía

[editar | editar a fonte]

As casas da parroquia son unhas cincuenta, pero co abandono das labouras agrícolas, non rendibles para a xuventude, moitas delas só cobran vida en momentos determinados, coma, nas vacacións, vendima ou castañeira.

O cultivo do viñedo e as variedades de uvas garnacha, mouratón e mencía en tinto, así como a palomino en branca, tivo épocas espléndidas; hoxe en día, tres cooperativas están establecidas dentro da D.O. Ribeira Sacra, proseguindo a nivel industrial esta tradición.

A parroquia ten como patrón a San Martiño que se celebra o 11 de novembro cunha festa popular gastronómica con magosto incluído, que nos últimos anos é tamén a festa do viño, pero hai outra festa de verán, a Virxe do Carme, que ten lugar o 16 de xullo. Tamén son salientables as festas na Costrela, onde contan cunha capela en honra da Virxe das Neves, e mais recentemente en Calvos en honra a San Roque, como evento gastronómico é festivo só para os nados do lugar e os seus familiares, que se celebra o primeiro sábado despois do 15 de agosto.

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Sacardebois

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Sacardebois no concello de Parada de Sil (Ourense)

Bouzas | Calvos | A Costrela | Leiravella | O Val

Parroquias de Parada de Sil

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Parada de Sil

Caxide (Santa Cristina) | Chandrexa (Santa María) | Forcas (San Mamede) | A Hedrada (Santiago) | Parada de Sil (Santa Mariña) | As Paradellas (Santa María) | Pradomao (San Xiao) | Sacardebois (San Martiño) | San Lourenzo de Barxacova (San Lourenzo)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]