San Lourenzo de Barxacova, Parada de Sil
San Lourenzo de Barxacova | |
---|---|
![]() Escavación arqueolóxica na necrópole de San Vítor de Barxacova | |
Concello | Parada de Sil[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°22′41″N 7°30′18″O / 42.37805556, -7.505Coordenadas: 42°22′41″N 7°30′18″O / 42.37805556, -7.505 |
Poboación | 20 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 2[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Lourenzo de Barxacova é unha parroquia do concello ourensán de Parada de Sil na comarca da Terra de Caldelas. No ano 2007 tiña 21 habitantes, deles 13 eran homes e 8 eran mulleres, o que supón unha diminución de 13 habitantes en relación ao ano 2000.
Patrimonio[editar | editar a fonte]
Na parroquia situábase o conxunto da capela e necrópole de San Vítor de Barxacova. Na aldea de San Lourenzo está o lugar da Torre, onde se conservan restos dunha casa coñecida como A Fortaleza, cun escudo do século XVI. Pouco máis abaixo hai unha construción que na idade media acolleu un priorato adicado a Santo Adrián, que conserva ventás góticas.
A igrexa parroquial é de feitura barroca popular. No adro consérvase unha pedra cunha inscrición gótica.
Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de San Lourenzo de Barxacova[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de San Lourenzo de Barxacova no concello de Parada de Sil (Ourense) | |
---|---|