As Paradellas, Parada de Sil
As Paradellas | |
---|---|
Concello | Parada de Sil[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°20′30″N 7°35′29″O / 42.34155556, -7.5915 |
Poboación | 15 hab. (2023) |
Entidades de poboación | 2[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa María das Paradellas é unha parroquia do concello ourensán de Parada de Sil na comarca da Terra de Caldelas. Segundo o IGE,[2] en 2023 tiña 15 habitantes (8 homes e 7 mulleres).
Historia
[editar | editar a fonte]En 1842, segundo Pascual Madoz[3] estaba dividida entre as parroquias de Caxide e Hedrada. Nese momento vivían 107 persoas no conxunto das dúas aldeas, das que 23 tiñan a condición de veciños.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Situación
[editar | editar a fonte]Sitúase ao sur do concello. Linda polo norte coa parroquia de Santa Cristina de Caxide e a capital do concello. Polo leste limita coa parroquia da Hedrada. Ao sur fai fronteira coa parroquia das Chás, no veciño municipio de Montederramo. Polo oeste dá co concello de Xunqueira de Espadanedo e tamén coa parroquia das Chás.
Dista 8 quilómetros da capital do concello e 20 da capital da comarca, Castro Caldelas.
Demografía
[editar | editar a fonte]Xa se ve que ata o século XX, a zona estaba bastante máis poboada do que agora. No 2000, vivían nas Paradellas 46 persoas (23 homes e 23 mulleres). Dende entón, a crise demográfica continúa debido á emigración e ao envellecemento dos veciños.
Gráfica de evolución demográfica de As Paradellas, Parada de Sil entre 2000 e 2023 |
![]() |
Datos segundo o nomenclátor publicado polo INE. |
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares das Paradellas
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia das Paradellas no concello de Parada de Sil (Ourense) | |
---|---|
Parroquias de Parada de Sil
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
- ↑ "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Xunta de Galicia.
- ↑ http://www.bibliotecavirtualdeandalucia.es/catalogo/consulta/registro.cmd?id=6353 Tomo XII Páx. 685