Chandrexa, Parada de Sil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chandrexa
Concello Parada de Sil
Poboación 103 hab. (2007)
Entidades de poboación 19

Santa María de Chandrexa é unha parroquia do concello ourensán de Parada de Sil na comarca da Terra de Caldelas. No ano 2007 tiña 103 habitantes, deles 50 eran homes e 53 eran mulleres, o que supón unha diminución de 20 habitantes en relación ao ano 2000.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A parroquia de Chandrexa sitúase no extremo oeste do concello de Parada de Sil e fai fronteira norte da provincia de Ourense. En todo o seu bordo setentrional dá ao río Sil, que a separa da provincia de Lugo e das terras de Sober. As súas terras están situadas en zonas de moita pendente, de entre os 700 m na parte sur da parroquia ata os 200 m na norte, xusto cando chega ao nivel do río. Con todo, os principais núcleos habitados atópanse entre os 450 e os 500 metros sobre o nivel do mar.

Economía[editar | editar a fonte]

A pesar do agudo descenso poboacional que a parroquia sufriu durante a segunda metade do século XX, nos últimos trinta anos pasou a se converter nun dos máis coñecidos polos de atracción turística da Ribeira Sacra ourensá. Ademais, conserva a súa tradicional produción de castañas e tamén a produción de viño.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Chandrexa[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Chandrexa no concello de Parada de Sil (Ourense)

O Adrio | Arrabaldo | Os Calvarios | O Campo | Camporremide | A Carreira | A Casalta | A Eirexa | Entrambosríos | Os Fiós | Grandín | O Noguedo | O Pacio | A Pena | Purdeus | As Quintas | Rabacallos | Santo André | O Valado

Parroquias de Parada de Sil[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Parada de Sil

Caxide (Santa Cristina) | Chandrexa (Santa María) | Forcas (San Mamede) | A Hedrada (Santiago) | Parada de Sil (Santa Mariña) | As Paradellas (Santa María) | Pradomao (San Xiao) | Sacardebois (San Martiño) | San Lourenzo de Barxacova (San Lourenzo)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]