Saltar ao contido

Mogadixo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaMogadixo
مقديشو (so) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 2°02′21″N 45°20′31″L / 2.0392, 45.3419
EstadoSomalia
Regiões da Somália (pt) TraducirBanaadir (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación2.120.000 (2015) Editar o valor en Wikidata (23.296,7 hab./km²)
Xeografía
Superficie91 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Índico Editar o valor en Wikidata
Altitude9 m Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Outro
Irmandado con

BNE: XX456902
Mogadixo
Mogadixo

Mogadixo[1][2] (en somalí Muqdisho) é a capital de Somalia, estado da África Oriental sito no denominado Corno de África. É a maior cidade do país cunha poboación de 2.450.000 habitantes (2002).

Topónimo

[editar | editar a fonte]

A orixe do nome oficial Muqdisho non é clara; afírmase que pode ser a versión somalí do árabe maqad shah ou sexa "trono imperial do xa".

Orixes da colonización europea

[editar | editar a fonte]

Mogadixo foi colonizada polos árabes no século X, o que incrementou o desenvolvemento económico do territorio, que se estendeu un século despois na cidade suahili sobre as costas de África Oriental.

Segundo certa tradición Mahoma tería indicado a Ill, pai de Sab e de Samáli (do que descenderían os somalís), que partisen e se estabelecesen no lugar dito despois "Amàr Gegèb", é dicir o "país destruído".

En 1330 a cidade foi visitada polo viaxeiro marroquino Ibn Battuta, quen a describiu como unha vasta e florecente cidade, importante centro de produción e comercio de tecidos.

Escavacións arqueolóxicas recobraron moedas chinesas das dinastías Song, Ming e Qing, numerario cingalés e da rexión vietnamita do Annam: a cidade estado da civilización suahili importaba cerámica árabe, porcelana chinesa e tecidos indios, entanto exportaba madeira, marfíl, conchas, escravos e mais ferro. O historiador Ross E. Dunn describe Mogadixo e outras cidades musulmás da África Oriental como "unha especie de América medieval, unha terra fértil e ben irrigada, de oportunidades económicas e unha terra a salvo da seca, carestía, sobrepoboación e guerras internas".

No século XVI Mogadixo foi conquistada polos portugueses, para tres séculos despois ser ocupada en 1871 polo sultán de Zanzíbar.

En 1892 a cidade foi cedida a Italia, que non tomou posesión dela definitivamente até 1905.

O territorio de Somalia foi controlado polos italianos desde 1910 en diante até a intervención das forzas británicas, presentes en Kenya, durante a segunda guerra mundial. Entre 1941 e 1950 os británicos ocuparon a cidade, até que os italianos volveron como administradores do protectorado somalí en nome da ONU (Administración Fiduciaria Italiana de Somalia, AFIS).

Independencia somalí e ditadura

[editar | editar a fonte]

No ano 1960 Somalia atinxíu a independencia, mais de contado o país caeu baixo a ditadura de Siad Barre, que durou até 1990. Neste ano, os rebeldes apoderáronse da cidade, obrigando a Barre a dimitir e fuxir a Lagos (Nixeria) en 1991. Foron nomeados dous presidentes, a Universidade Nacional Somalí foi pechada e a urbe caeu presa dos Señores da guerra, que sementaron durante anos a morte e a destrución, danando moitas partes da cidade (mentres unha carestía, debida á forte seca, devastaba a Somalia rural).

O 9 de decembro de 1992 aconteceu a primeira intervención americana e das Nacións Unidas nun intento de instaurar un goberno de transición. Grupos somalís fieis a Mohamed Farrah Aidid (un dos presidentes elixidos polos rebeldes) mataron a 23 paquistanís durante unha emboscada contra os cascos azuis. En outubro de 1993, na denominada batalla de Mogadixo perderon a vida entre 500 e 1.000 Somalís (militares e civís), 18 militares estadounidenses e un maliano. Os feridos foron millares. En 1994, Bill Clinton retirou o exército norteamericano.

En xuño de 1995 Mohamed Farrah Aidid autoproclamouse presidente, mais morreu un ano despois a consecuencia das feridas que lle causou unha acción da guerrilla local.

De 2000 a 2006

[editar | editar a fonte]

En outubro de 2004 o Parlamento somalí de transición elixiu como presidente a Abdullahi Yusuf. As votacións tiveron lugar en Nairobi (Kenya), a causa da caótica situación de Mogadixo. O goberno, recoñecido por gran parte das nacións occidentais, a pesar da súa feble autoridade, non logrou asentarse na capital somalí, axitada por continuas guerrillas, sobre todo na parte norte da cidade, de xeito que tivo que trasladarse a Baidoa, a 245 km ao noroeste de Mogadixo).

En xuño de 2006, logo de catro meses de asedio, as milicias dos Consellos Islámicos conseguiron expulsar da cidade os Señores da Guerra, da que se adonaran por anos. Os Consellos Islámicos introduciron as leis islámicas (xaria) na cidade, restituíndo unha certa orde e autorizando a reapertura, despois de 17 anos, do porto e do aeroporto, ademais de eliminar os postos de bloqueo das estradas.

Entre decembro de 2006 e xaneiro de 2007, logo da intervención militar de etíopes e estadounidenses, o goberno provisional de Ali Mohammed Gedi volveu a entrar en Mogadixo.

De 2007 á actualidade: a traxedia "humanitaria"

[editar | editar a fonte]
Vista aérea do porto de Mogadixo.

A poboación de Mogadixo atopara paz e seguranza cos Consellos Islámicos, a custa da liberdade e do fanatismo relixioso. A seguranza semellaba momentaneamente garantida polas tropas etíopes, mais en poucas semanas a situación na cidade empeorou novamente. A intervención etíope de feito favoreceu o retorno dos Señores da Guerra que oprimiran os cidadáns durante os anos anteriores. Os milicianos dos Consellos Islámicos continúan a combater e a resistir contra a volta do exército de transición e das tropas etíopes.

En marzo de 2007, a pesar da reentrada oficial do goberno de Baidoa e a chegada á cidade dos cascos verdes ugandeses (polo demais con graves dificultades), a situación na cidade empeorou como non sucedía desde había 15 anos, con pesados bombardeamentos terrestres e aéreos.

No mes de maio de 2007 foi nomeado alcalde Mohamed Omar Habeb Dhere, un dos Señores da Guerra máis influentes da zona.

A fins de xullo de 2007, o leve melloramento da situación permitiu a reentrada de 125.000 damnificados, mais no outono dese mesmo ano a situación volveu empeorar progresivamente até a actualidade (abril de 2008).

Mogadixo, presa do caos, da violencia e das epidemias, está en plena catástrofe "humanitaria". Os damnificados só no ano 2007 estímanse nun millón e medio de persoas. As tropas etíopes seguen a combater cos rebeldes armados, mentres o continxente militar ugandés aparece como incapaz de opor a mínima resistencia. Barrios enteiros están abandonados, en especial na área norte, onde ocorren os episodios de violencia máis graves.

  1. Benigno Fernández Salgado (edición) (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1306. ISBN 9788482887524. Mogadixo (Somalia). 
  2. "Investigan a explosión dun avión en Somalia". TVG Informativos. 4 de febreiro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2016. Consultado o 4 de febreiro de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Ross. E. Dunn, The Adventures of Ibn Battuta. Berkeley, 1986, p. 125.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]