Emiratos Árabes Unidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Emiratos Árabes")
Emiratos Árabes Unidos
Bandeira dos Emiratos Árabes Unidos
Emblema dos Emiratos Árabes Unidos
Bandeira Emblema
United Arab Emirates (orthographic projection).svg
Lema: المتحدة مع العرب
Himno: Īschī Bilādī
Capital Abu Zabi
 • Poboación 945 267 (2008)
Cidade máis poboada Dubai
Linguas oficiais árabe
Forma de goberno Monarquía federal hereditaria
Khalifa bin Zayed Al Nahayan
Mohamed Bin Rachid al Maktum
Independencia do Reino Unido 2 de decembro de 1971
Superficie Posto 116º
 • Total 83 600 km²
 • % auga Desprezable
Fronteiras 867 km
Costas 1 318 km
 • Total (2006 est.) 4 621 399 hab.
 • Densidade 64 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total (2008) 269 956 millóns US$[1]
 • per cápita 56 667 US$[1]
 • Total (2008) 200 500 millóns US$[1]
 • per cápita 39 077 US$[1]
Moeda Dirham dos Emiratos Árabes Unidos
IDH 0,903
Xentilicio emiratí
Fuso horario UTC+4
 • Horario de verán Non aplica
Dominio de Internet .ae
Prefixo telefónico +971
Prefixo radiofónico A6A, A6Z
Código ISO 784 / ARE / AE
Membro de: Liga Árabe, ONU, OPEP
Este artigo amosa letras árabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

Os Emiratos Árabes Unidos son unha federación de emiratos situados na Península de Arabia. Limitan ó norte con Qatar e co Golfo Pérsico; ó leste co Golfo de Omán e Omán; e ó sur e oeste con Arabia Saudita. A súa planicie costeira é estéril e fúndese co deserto arábico. A federación está integrada por 7 emiratos (imarat; singular - imarah)

Historia[editar | editar a fonte]

Os sete sultanatos da costa que conforman o país concederon ao Reino Unido, nun tratado do século XIX, a defensa do territorio e o manexo das relacións exteriores. Logo de expirar o tratado o 1 de decembro de 1971, seis deles (Abu Zabi, Axman, Dubai, Fujairah, Sharjah e Umm ao Qaywayn) declararon o día seguinte, 2 de decembro, a formacións dos Emiratos Árabes Unidos. En febreiro de 1972 uniríase á federación o sultanato de Ras al-Khaimah.

Política[editar | editar a fonte]

Os Emiratos Árabes Unidos son unha federación de sete sultanatos que se gobernan baixo monarquías absolutas, cada un por un emir con poderes específicos. O goberno central fórmao o consello supremo, formado polos sete emires. O presidente federal elíxese entre os emires hereditarios e adoita ser o xeque de Abu Dhabi e o primeiro ministro o de Dubai.

Organización territorial[editar | editar a fonte]

A continuación indícanse os sete emiratos que compón o país e os seus respectivos gobernantes.

Bandeira Emirato Capital Poboación
2008[2]
% da
poboación total
Área
(km²)[2]
% da área
total
Densidade
Flag of Abu Dhabi.svg Abu Zabi Abu Zabi 1.548.655 31´2% 67.340 86´7% 25
Flag of Ajman.svg Axman Axman 372.923 7´5% 259 0´3% 996
Flag of Dubai.svg Emirato de Dubai Dubai 1.770.533 35´6% 3.885 5´0% 336
Flag of the United Arab Emirates.svg Fujairah Fujairah 137.940 2´9% 1.165 1´5% 109
Flag of Sharjah.svg Ras al-Khaimah Ras al-Khaimah 171.903 3´4% 1.684 2´2% 122
Flag of Sharjah.svg Sharjah Sharjah 895.252 18´0% 2.590 3´3% 262
Flag of Umm al-Qaiwain.svg Umm al Quywain Umm al-Quiwain 69.936 1´4% 777 0.9% 88
Flag of the United Arab Emirates.svg UAE Abu Zabi 4.967.142 100% 77.700 100% 56

Xeografía[editar | editar a fonte]

Mapa dos Emiratos Árabes Unidos

Os Emiratos están situados na península Arábiga, bordeando o golfo de Omán e o Golfo Pérsico, entre Arabia Saudita e Omán. A práctica totalidade do país é desértica. É unha planicie costeira, chaira e árida, que se funde no interior cun vasto deserto ermo de dunas móbiles de area. A súa estratéxica localización rodeando polo sur o estreito de Ormuz convértelle nun vital paso do tránsito do comercio de cru mundial. Os EAU está considerado como un dos quince países que conforman a "Berce da Humanidade".

A demarcación das fronteiras de 1974 e 1977 entre Arabia Saudita e Emiratos Árabes Unidos nunca se publicaron. E o que é máis, a fronteira exacta entre os dous países só a coñecen os seus gobernos.

Economía[editar | editar a fonte]

A riqueza dos Emiratos Árabes Unidos está en gran medida baseada na explotación de petróleo e gas natural, que representan ao redor do 20% do seu PIB. A nación árabe é o terceiro maior produtor de petróleo no Golfo Pérsico logo de Arabia Saudita e Irán (a produción en Iraq diminuíu considerablemente pola guerra). Desde 1973, os EAU sufriron unha profunda transformación, pasando de ser unha rexión empobrecida de pequenos principados a un estado moderno con altos estándares de vida. O PIB per cápita do país non está moi afastado do das principais nacións de Europa occidental. A súa xenerosidade no investimento das súas ganancias petrolíferas e a súa política exterior moderada permitíronlle xogar un papel vital nos asuntos da rexión.

En anos recentes, o goberno buscou a diversificación das súas fontes de ingreso para diminuír a súa dependencia nas reservas limitadas de petróleo. Un resultado destes esforzos foi o desenvolvemento sostido do turismo, baseado en infraestrutura hostaleira costeira, desértica e deportiva. O éxito destas empresas, axuntado a factores como o prezo relativamente baixo de materias primas, o clima cálido que prevalece durante case todo o ano, marabillas da arquitectura como Burj al-Arab e Palm Islands, e a actitude amigable cara a Occidente levou a moitos a chamar aos Emiratos Árabes Unidos o Singapur ou o Hong Kong de Medio Oriente.

Demografía[editar | editar a fonte]

Ao ano 2007, os Emiratos Árabes Unidos ten unha poboación de 4 444 000 habitantes. Tan só o 19% naceu nese país, o 23% son inmigrantes de orixe árabe e iraniana, o 50% son inmigrantes do sur de Asia, e o restante 8% esta composto por inmigrantes doutras etnias. O idioma oficial é o árabe. A esperanza de vida é de 75 anos. O 77.9% da poboación esta alfabetizada. A media de fillos por muller é de 2.43.

As crenzas relixiosas son na súa maioría musulmáns (o Islam é a relixión estatal). Con todo, hai minorías considerables de cristiáns, hindús e outros credos.

Cultura[editar | editar a fonte]

A cultura do país está fortemente influenciada polo Islam, relixión que profesa a case totalidade da poboación.

Festas Data Nome en galego e nome local
1 de xaneiro Ano novo cristián Ra's as-sana al-mīlādiyya (رأس السنة الميلادية)
Varios O día do sacrificio ʿĪd al-Aḍḥà (عيد الأضحى)
Varios Ano novo islámico Ra's as-sana al-ḥiŷriyya (رأس السنة الهجرية)
6 de agosto Acceso ao trono do xeque Zayed bin Sultan-ao Nahyan  
Varios A viaxe nocturna de Mahoma (Isra) Al-Isrā' wa-l-Miʿrāŷ (الإسراء و المعراج)
2 de decembro Día nacional Al-ʿĪd al-Qawmī (العيد القومي)
Varios Fin de Ramadán ʿĪd al-fiṭr (عيد الفطر)

Educación[editar | editar a fonte]

Universidade Americana de Sharjah.

A educación ata o ensino secundario está dirixido polo Ministerio da Educación, e consiste de escolas primarias, escolas intermediarias e escolas secundarias. O currículo das escolas públicas é axustado para as metas e valores do país, cunha énfase no inglés como segundo idioma. Hai tamén moitas escolas particulares, algunhas con recoñecemento no estranxeiro. As escolas públicas son gratuítas para cidadáns dos Emiratos.

A educación superior esta dirixida polo Ministerio da Educación Superior. Hai 4 grandes institucións: a Universidade dos Emiratos Árabes Unidos, a Universidade Zayed, a Facultade de Medicina do Golfo e o Colexio Superior de Tecnoloxía. Hai tamén institucións particulares, como a Universidade de Sharjah e a Universidade Americana de Sharjah.

Mapas e imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 United Arab Emirates - International Monetary Fund
  2. 2,0 2,1 "Census 2008". Ministry of Economy and Planning, Government of the United Arab Emirates. 2008. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Emiratos Árabes Unidos Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]