Moeda do Sultanato de Mogadixo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Moedas do Sultanato de Mogadixo (Museo de Somalia)

A moeda so Sultanato de Mogadixo é a cuñada en época medieval neste antigo Estado africano, daquela un centro de gran relevancia comercial.

Historia[editar | editar a fonte]

Para facilitar o comercio rexional, o Sultanato de Mogadixo (séculos X a XV) comezou a cuñar as súas propias moedas, o que tivo como efecto a centralización da súa hexemonía comercial. Estas moedas emitíronse a nome dos 23 sultáns sucesivos de Mogadixo e algunhas delas adoptaron o estilo das súas contemporáneas fatimís e otomás. Para o comercio, o Sultanato Ajuran cuñou tamén a súa propia moeda,[1] aínda que utilizaba simultaneamente a de Mogadixo, que se incorporou no século XIII ao Imperio Ajuran.[2]

Achados[editar | editar a fonte]

A circulación das moedas de Mogadixo estaba moi estendida. Acháronse pezas en lugares tan distantes como os actuais Emiratos Árabes Unidos, onde se rexistrou un espécime a nome do sultán somalí do século XV Ali b. Yusuf de Mogadixo. No decurso das expedicións arqueolóxicas en Warsheikh (Somalia) que tiveron lugar entre 1920 e 1921, o erudito italiano Enrico Cerulli tamén atopou moedas dos sultáns medievais de Mogadixo. Estas moedas foron depositadas na Escola Oriental da Universidade de Roma, mais desapareceron durante a segunda guerra mundial. Consonte Cerulli, acháronse moedas similares nun pobo de Moos situado a uns 14 quilómetros ao noroeste de Warsheikh. Pola súa banda, Freeman-Grenville tamén rexistrou, en 1963,[3] outro achado de moedas antigas nesta última cidade.[4] Durante unha escavacións realizadas en Iraq en 1971, descubriuse unha moeda de cobre a nome do sultán de Mogadixo Ali ibn Yusuf.[5] Tamén se atoparon moedas de bronce pertencentes aos sultáns de Mogadixo en Belid, preto de Salalah, en Dhofar.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ismail Mohamed, A. (1970). Páxina 206.
  2. Stanley, B. (2007). Páxina 253.
  3. Freeman-Grenville, G. S. P. (1963).
  4. Chittick, N. (1976). Páxinas 117-133.
  5. Hansman, J. (1985). Páxina 49.
  6. Proceedings of the Seminar for Arabian Studies, Volume 1. Archaeopress. 1970. Páxina 42. ISBN 0231107145

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]