Residencia de Würzburg
| Residencia de Würzburg | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Würzburg | |||||||||||||||||||
|
Conservación
| |||||||||||||||||||
|
Estilo
| |||||||||||||||||||
| Persoas e organizacións | |||||||||||||||||||
|
Propietario/a
Karl Philipp von Greifenclau zu Vollraths
Anselm Franz von Ingelheim Adam Friedrich von Seinsheim Franz Ludwig von Erthal Friedrich Karl von Schönborn-Buchheim Johann Philipp Franz von Schönborn Christoph Franz von Hutten Administración Bavaresa de Pazos, Xardíns e Lagos de propiedade estatal Georg Karl Ignaz von Fechenbach zu Laudenbach | |||||||||||||||||||
|
Creador/a
| |||||||||||||||||||
|
Visitantes anuais
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||
A Residencia de Würzburg (en alemán: Würzburger Residenz) é un pazo barroco que se atopa na cidade alemá de Würzburg, no estado de Baviera.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi orixinalmente deseñada polo arquitecto Johann Balthasar Neumann para o príncipe-bispo Johann Philipp Franz von Schönborn. A súa construción durou sesenta anos. Entre 1720 e 1744 completouse a estrutura exterior, mentres que o interior foi rematado en 1780.[1]
Segunda guerra mundial
[editar | editar a fonte]O 16 de marzo de 1945, só unhas semanas antes do final da segunda guerra mundial, un ataque aéreo destruíu o 90% da casco antigo de Würzburg e queimou a Residencia case totalmente. O lume avanzou dende a cuberta superior e foi queimando os teitos de madeira e as paredes. Os mobles e os paneis das paredes salváronse porque se almacenaron antes noutro lugar.
Reconstrución
[editar | editar a fonte]As tarefas de restauración da Residencia comezaron trala final de guerra[2] e non cesaron até o ano 1987, cando se completou e se abriu de novo o "Gabinete do espello". A súa reconstrución custou arredor de 20 millóns de euros.[3]
Patrimonio da Humanidade
[editar | editar a fonte]No ano 1981, a Residencia Würzburg e os seus patios e xardíns foron declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO e gozan dunha protección especial.


Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Würzburg Residenz - Building history". Consultado o 17 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Kriegszerstörung und Wiederaufbau". Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2012. Consultado o 17 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Würzburg Residenz - War damage and reconstruction". Consultado o 17 de xaneiro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Residencia de Würzburg |
