Ameland

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 53°27′N 5°46′L / 53.450, -5.767

Ameland
It Amelân
Flag of Ameland.svg
Coat of arms of Ameland.svg
Satellite image of Ameland, Netherlands (5.78E 53.43N).png
Imaxe satélite
Localización
Ameland en Países Baixos
Ameland
Ameland
PaísPaíses Baixos Países Baixos
ProvinciaFrisian flag.svg Frisia
Xeografía
Altitude4 msnm
Superficie268,50 km²
Demografía
Poboación3 591 hab. (2014)
Densidade61 hab/km²
XentilicioAmelander
Outros datos
Código postal9160–9164
AlcaldeAlbert de Hoop (D66)
Páxina oficial

Ameland (en frisón: It Amelân) é unha illa ocupada pola municipalidade homónima. Forma parte das Illas Occidentais Frisonas, Frisia, nos Países Baixos. A maior parte do seu territorio está composto por dunas de area. Ten 273 km² de extensión, dos que 57'57 km² corresponden a terra firme, e 3.452 habitantes distribuídos na localidades de Ballum Buren (Bueren en frisón), Hollum e Nes.

Historia[editar | editar a fonte]

A primeira mención en fontes escritas data do século VIII co nome de Ambla. Aínda que pagaba tributo a Holanda ata 1424, a illa permaneceu cun status de independencia ata a morte do último representante da familia gobernante da illa en 1708. Formalmente só forma parte do reino dos Países Baixos dende 1813, aínda hoxe o soberano holandés mantén o título de Señor de Ameland (Vrijheer van Ameland)

Lingua[editar | editar a fonte]

Imaxe de satélite de Ameland

A fala da illa é un dialecto de transición entre o holandés e o frisón: as autoridades académicas do frisón non sempre o consideran un dialecto da súa lingua.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]