Saltar ao contido

Ratisbona

Ratisbona
 Nome curto
   Re (de)   Editar o valor en Wikidata
 Nome orixinal
   Regensburg (de)   Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
   Regensburg (de)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Parte de
 Epónimo
Rio Regen (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
 Lingua
Implicados
 Xefe do goberno
Gertrud Maltz-Schwarzfischer (2020 - )
Christa Meier (1990 - 1996)
Hans Schaidinger (1996 - 2014)
Joachim Wolbergs (pt) Traducir (2014 - 2020)
Thomas Burger Editar o valor en Wikidata
Historia
 Substitúe
Castra Regina (pt) Traducir (década de 80 - ) Editar o valor en Wikidata
 Premios e distincións
Localización
 Situado en
 Publicado en
 Enderezo
Rathausplatz Editar o valor en Wikidata
 Comparte fronteira con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
159.465 (2023)
140.276 (2013)
138.296 (2012)
125.676 (2000)
118.639 (1987)
133.066 (1978, 1970)
117.291 (1950)
76.948 (1925)
148.638 (2016)
142.292 (2014)
145.465 (2015)
150.894 (2017)
131.886 (1975)
152.610 (2019, 2019)
153.542 (2021)
157.443 (2022)
151.389 (2024) Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   78.385 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   74.225 Editar o valor en Wikidata
 Número de fogares
   60.905 (1987) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
80,85 km²
80.760.000 m²
80,81 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   346 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal93047 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap62411 Editar o valor en Wikidata
VIAF233767411 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0d34_ Editar o valor en Wikidata
NUTSDE232 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: regensburg.de Instagram: stadtregensburg Youtube: UCZuJpIX7x6-8deHWMiwoa3w Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Ratisbona[1] (en alemán: Regensburg, en bávaro Rengschburg) é unha cidade alemá, situada no Land de Baviera. A cidade está na confluencia entre os ríos Danubio e Regen e é a capital tanto do distrito do Alto Palatinado (Oberpfalz en alemán) como do Landkreis de Regensburg.

A cidade, con 157.443 habitantes (2022) é, despois de Múnic, Nuremberg e Augsbourg, a cuarta maior cidade de Baviera. Desde o 13 de xullo de 2006, a cidade vella de Ratisbona forma parte da Patrimonio da Humanidade da UNESCO. É sede dun bispado católico. Ratisbona está situada a 88 km de Nuremberg e a 103 km de Múnic.

Ratisbona ten clima continental. Os meses máis cálidos son xuño e agosto con medias de temperaturas que oscilan de 16,2 °C a 18 °C. Os meses máis fríos corresponden a decembro e febreiro con -0,9 °C e -2,7 °C como medias respectivas. Aos meses de xuño e agosto corresponden as precipitacións máis baixas con 74 e 93 mm; marzo e novembro son os meses máis chuviosos, con 33 e 39 mm.

Praza Neupfarr (Neupfarrplatz), Ratisbona, coa catedral no fondo.

Sobre un asentamento céltico (Ratisbona), os romanos fundaron no 179 d.C. un campamento nas beiras do río Regen, ao que denominaron Castro Regina (é dicir, castro sobre o río Regen). As fontes francas confirman a asistencia de bispos de Galiza ao sínodo de Ratisbona no ano 782. Durante a época merovinxia, a cidade foi residencia dos duques de Baviera. Acadaría o seu cénit político e económico nos séculos XII e XIII, por atoparse nunha encrucillada de camiños centroeuropeos importantes. Dese período datan os grande monumentos da cidade, como a Steinerne Brücke (unha ponte de pedra de 310 m de longo, sobre o Danubio, erguido entre 1135 e 1146), a catedral gótica (consagrada en 1276), a Altes Rathaus (Antiga Casa do Concello).

En 1245 o emperador Frederico II concedeu a Ratisbona o rango de Cidade Libre Imperial ("Freie Reichsstadt"), o que lle confería certa autonomía política. Nos séculos seguintes, a importancia da cidade revélase no feito de ter sido numerosas veces, sede das reunións da Dieta imperial (Reichstage). Así na celebrada en 1541, tentouse buscar un acordo entre reformados e católicos; a ela asistiran Felipe Melanchton e Bucero. No ano seguinte, Ratisbona uniuse oficialmente á Igrexa reformada, aínda que subsistiu o bispado católico. En 1663 converteuse na sede permanente da Dieta.

O feito de non estar apenas industrializada durante a segunda guerra mundial, librouna de grandes bombardeos aliados que si afectaron a outras cidades aínda que si que foi bombardeada en dúas ocasións, conservando case intacta a zona antiga medieval. A maior perda destes bombardeos foi a igrexa románica de Obermünster que nunca foi reconstruída. Ademais a recuperación económica non foi visible ata finais dos 60 e daquela escolleuse preservar os edificios antigos e non construír novos no seu lugar.

Cidades irmandadas

[editar | editar a fonte]
  1. Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 1752. ISBN 9788482893600.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]